Medio Rural controlará a poboación de visón americano no Parque Nacional das Illas Atlánticas

2009/07/25

Santiago, 25 de xullo de 2009.- A presenza do visón americano (Neovison vison) en Galicia pode ser un problema para a viabilidade de certas especies de fauna autóctona, polo que dende a Consellería do Medio Rural tense decidido proceder a un control estrito do número de individuos desta especie. No Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia considérase que a presenza do visón americano constitúe un perigo potencial para as aves mariñas e algunhas especies de anfibios e réptiles. No caso das aves mariñas, constatouse nos últimos anos que o visón utiliza como presa ás poboacións de gaivotas (Larus michahellis y L. fuscus) e cormorán moñudo (Phalacrocorax aristotelis). Esta última especie encóntrase en perigo de extinción en Galicia e, por tanto, pode verse seriamente afectada pola presión do carnívoro.
Debido a esta situación decidiuse levar a cabo un estudo da alimentación do visón americano no Parque, coa intención de dispor de información detallada da súa dieta que permitira realizar unha primeira valoración dos seus posibles efectos nas especies presa das que se alimenta.
Con este obxecto véñense recollendo dende o ano 2007 mostras de excrementos desta especie para a súa análise, así como outras probas das súas preferencias alimenticias. Segundo os resultados obtidos ata a data, centrados principalmente na illa de Sálvora e en menor medida nas illas Cíes, o visón americano parece ter un espectro alimenticio reducido a unhas poucas especies. Amosa certa preferencia polos mamíferos, que chegan a supor o 50% das presas consumidas. En concreto elixe preferentemente coellos e ratas de campo fronte a peixes, que roldan o 15% das presas, ou crustáceos. Ademais comprobouse que as aves mariñas, en concreto gaivotas, chegan a supor arredor dun 20% do total de presas capturadas.
Por outra banda, comprobouse que a dieta do visón varía considerablemente ó longo do ano. Durante o final da primavera e primeira metade do verán alimentase case exclusivamente de gaivotas, coincidindo coa época de aniñamento destas aves. Xa que logo, a poboación de gaivota do Parque Nacional pode estar sendo afectada pola acción do carnívoro. Ademais, ultimamente comprobouse que os cormoráns das illas Cíes tamén son presa habitual do visón cando están en época de cría. Debido ao mal estado das súas poboacións, a acción do carnívoro é considerada como moi preocupante para o futuro inmediato das colonias de cormorán moñudo no Parque Nacional e, polo tanto, para a viabilidade da especie en Galicia. Nos próximos meses, os técnicos da Consellería do Medio Rural continuarán recollendo información para o estudio da alimentación do visón americano.
FONTE: NOVAS DA XUNTA

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: