Medio Rural aposta por potenciar a Reserva da Biosfera transfronteiriza Gerês/Xurés

2009/09/11

Santiago, 11 de setembro 2009.- O director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, asistiu esta mañá en Braga (Portugal) a unha xuntanza entre autoridades galegas e portuguesas. O obxecto deste encontro co director dos Espazos da Rexión Norte de Portugal, Guillerme Lagido, e o seu equipo, foi establecer as bases que rexerán a constitución dos novos órganos de xestión deste espazo, que se porán en marcha nos vindeiros meses.

Existe unha cooperación entre a Parque Natural Baixa Limia Xurés e o Parque Nacional Peneda-Gerês (Portugal) dende o ano 1997, polo que se busca por en marcha os instrumentos de cooperación para desenvolver esta reserva da biosfera. Tras a reunión mantida esta mañá, vaise nomear unha Comisión de Seguimento que constará dun comité técnico que será o encargado de elaborar o Plan de Acción da Reserva da Biosfera e un comité técnico administrativo que realizará un novo regulamento de cooperación transfronteiriza.

A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês/Xurés foi aprobada o 26 de maio do 2009 en Jeju (Corea do Sur) polo Consejo Internacional de Coordinación (CIC) do Programa da UNESCO sobre o Home e a Biosfera (MaB) e xa forma parte da Rede Mundial de Reservas da Biosfera. A importancia da reserva reflíctese no feito de que as áreas da proposta integran o LIC Baixa Limia, do que forman parte o Parque Natural Baixa Limia (Serra do Xurés na parte galega e o Parque Nacional Peneda na parte portuguesa).

Reservas da Biosfera: A concepción actual das Reservas da Biosfera vai más aló dos espazos protexidos, sendo unha ferramenta que vincula a conservación da biodiversidade co desenvolvemento socioeconómico para o benestar da humanidade.
De acordo coas directrices establecidas na Conferencia de Sevilla (1995) as Reservas deben contribuír ao logro de tres obxectivos básicos: conservación dos paisaxes, ecosistemas, especies e diversidade xenética; desenvolvemento económico e humano sustentable dende o punto de vista sociocultural e ecolóxico; coñecemento científico e apoio loxístico a proxectos de demostración, educación e capacitación sobre o medio ambiente.
Actualmente a Rede Mundial de Reservas da Biosfera comprende un total de 531 repartidas por 105 países. En Galicia existen 5 Reservas de Biosfera recoñecidas: Terras do Miño, Área de Allariz, Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá; Río Eo, Oscos e Terras de Burón e a Internacional Xurés-Géres.

FONTE: NOVAS DA XUNTA

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: