PROXECTO DE ACREDITACIÓN CONXUNTA DAS UNIDADES ANALÍTICAS DOS MATADOIROS QUE EFECTÚAN DIAGNÓSTICO DE TRIQUINA

2009/10/01

Crearase una estrutura analítica cun laboratorio central acreditado que terá a responsabilidade da coordinación e supervisión do funcionamento destas unidades. A iniciativa dá resposta ás exixencias da normativa europea A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, informou esta mañá os membros do Consello do proxecto de acreditación das unidades analíticas dos matadoiros para o diagnóstico de triquina da Xunta de Galicia que está a desenvolver o departamento que dirixe.
Neste sentido, indicou que a Consellería de Sanidade é pioneira en España na promoción deste novidoso proxecto, que supón un enorme esforzo humano e económico. Con esta iniciativa preténdese crear unha estrutura analítica cun laboratorio central acreditado que teña a responsabilidade da coordinación e supervisión do funcionamento das unidades analíticas localizadas nos matadoiros que efectúen diagnostico de triquina. O seu obxectivo é dar cumprimento ás normativas comunitarias exixidas, mellorando a fiabilidade das probas realizadas, co menor custo económico posible. A iniciativa comezou o pasado mes de xullo, e en só catro meses vai dar resposta a un imperativo legal sobre o cal non se tiñan iniciados os traballos polo anterior Goberno da Xunta e que servirá de modelo a seguir por outras comunidades autónomas. A súa finalización está prevista para xaneiro do 2010.
O proxecto da consellería dá resposta ás exixencias da normativa europea recollida no Regulamento (CE) nº 2075/2005, do 5 de decembro, polo que se establecen normas específicas para os controis oficiais de presenza de triquinas na carne. Ata o de agora, as unidades analíticas podían acollerse a un período transitorio que finalizará o 31 de decembro de 2009, polo que a partir do 1 de xaneiro de 2010 todos os laboratorios que participen no control oficial deberán estar acreditados, incluídos os que estean situados en matadoiros.
O proxecto é froito do traballo técnico desenvolvido polos profesionais do Servizo de Laboratorios da Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación, do Laboratorio de Saúde Pública de Lugo e do Laboratorio do Centro Tecnolóxico da Carne.
FONTE: CONSELLO DA XUNTA DO 1/10/1009 (páx. 19)
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: