Amigos da Terra denuncia ante a Administración, a irrupción de cazadores e motos na ZEPA limiense

2010/01/09

Membros de Amigos da Terra, presenciaron o pasado 3 de xaneiro a irrupción de motoristas e cazadores na recén estreada zona protexida de A Limia. Por elo, veñen de tramitar sendas denuncias ante a Consellería do Medio Rural de Ourense e o Servizo de Protección da Natureza de Verín para alertar destes feitos polos que os autores estarían incorrendo nunha ilegalidade da directiva que regula a protección das aves silvestres e o propio decreto da ZEPA publicado o pasado mes de novembro.
Amigos da Terra denuncia as continuas agresións que os espazos protexidos de Galicia sofren por prácticas ilegais que, en moitos casos, son continuas sen que a administración sexa quen de porlle freo. Nestes casos é moi importante a denuncia da cidadanía e o rápida intervención da administración que debe aplicar as normas sen dilación tramitando o corresponde expediente sancionador para que as prácticas que se executen fora deste marco legal, non queden impunes.
Neste caso, o 3 de xaneiro presenciouse, e mesmo fotografiouse, a entrada de cazadores no espazo protexido para as aves, recentemente regulado mediante o Decreto 411/2009, do 12 de novembro. A presenza destes cazadores na zona coñecida en Porqueira como A Veiga de O Toxal, puxo en alerta ao colectivo, xa que se produciron disparos contra unha garza real e un penereireiro. Os disparos tamén conlevaron ao levantamento de abundantes avefrías.
O mesmo día, penetraron na zona de A Veiga de O Toxal e de Ponteiriñas, motos de trial saíndo fuxindo varios bandos de avefrías e pondo en serio perigo poboacións nidificantes de becacina. Se estas poboacións se viran afectadas, o dano podería ser irreversible. O mesmo que acontece coas especies que crían no chan como lavercas, pernileiro ou pica alpina.
Amigos da Terra esixe que se dea cos autores dos feitos para verificar a tenencia por estes, dos permisos regulamentarios de caza e se lle impoña a correspondente sanción para o caso de incorrer en irregularidades normativas.
FONTE: AMIGOS DA TERRA

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: