Medio Rural promociona o parque transfronteirizo Xurés-Gerês na Feira Internacional de Turismo de Lisboa

2010/01/16

O Parque Transfronteirizo Xurés-Gerês está presente esta fin de semana na edición 2010 da BTL- Feria Internacional de Turismo de Lisboa, que se celebra na capital lusa. Trátase dunha actuación conxunta entre a asociación ADERE-Peneda Gerês, en colaboración co Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, dependente da Consellería do Medio Rural, e o Parque Nacional da Peneda Gerês.

A iniciativa está enmarcada dentro do Proxecto “Gestión conjunta del Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés-Parque Nacional da Peneda-Gerês”, que ten como obxectivo a promoción dunha oferta turística integrada, sostible e de calidade de todo o espazo protexido transfronteirizo.

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza España Portugal 2007-2013, xunto co proxecto “Valorización de los recursos naturales de la cuenca hidrográfica del Miño-Minho” liderado tamén pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, coa finalidade de abrir novos espazos de cooperación dunha estratexia marco de actuación conxunta coa Eurrorrexión Galicia- Norte de Portugal.

Feira Internacional do Turismo de Lisboa
A BTL- Feria Internacional del Turismo de Lisboa é a principal mostra de oferta turística de Portugal, ten unha proxección a nivel mundial coa participación de actores turísticos de destinos internacionais dos principais axentes do mercado nacional portugués. A participación do Parque Transfronteirizo Xurés-Gerês na BTL, convértese nunha gran oportunidade de promoción do espazo como un todo e de forma integrada.

O Parque do Xurés
Este espazo protexido, que abarca unha superficie total dunhas 21.000 hectáreas, sitúase no extremo sur occidental da provincia de Ourense, facendo fronteira con Portugal e o Parque Natural luso Peneda Gerês, formando parte da comarca da Baixa Limia. Este conxunto natural localízase en territorios dos termos municipais de Entrimo, Lobios e Muíños. Foi recoñecido como tal o 11 de febreiro de 1993, entendéndose como espazo que ten unhas características biolóxicas ou paisaxísticas especiais, que o fan acadar este rango superior de protección.

FONTE: CONSELLERIA DO MEDIO RURAL

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: