A piques de rematar un estudo sobre os efectos dos cambios climáticos naturais no Parque das Illas Atlánticas

2010/01/22

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, xestionado pola Consellería do Medio Rural a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, está apoiando un estudo no que se analizan os efectos dos cambios climáticos naturais nos diversos complexos sedimentarios deste parque. O informe está a facer un balance da situación actual e diagnosticando previsións futuras. A investigadora principal é Irene Alejo Flores, doutora da Universidade de Vigo. A investigación está a punto de finalizar.
O proxecto preséntase como unha contribución ao coñecemento do medio abiótico do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Nel plantéxase o estudo dos ambientes naturais máis sensibles e vulnerables do Parque: os complexos sedimentarios. Dito estudo abordarase dende diferentes escalas temporais: evolución a escala histórica e xeolóxica.
Preténdese, en primeiro lugar, realizar unha base de datos SIX (Sistemas de Información Xeográfica) moi centrada na cartografía detallada dos distintos ambientes sedimentarios e aspectos xeomorfolóxicos existentes en cada unha das illas do Parque Nacional, determinando as súas características máis relevantes e valoración do seu estado actual de conservación. En segundo lugar, un obxectivo prioritario é o estudo dos efectos dos cambios climáticos naturais e eustatismo (variación do nivel do mar respecto aos continentes) derivado para así determinar a evolución dos ambientes sedimentarios durante o Cuaternario.
Con todo o exposto, definiranse os aspectos afines e as diferenzas no comportamento actual e na evolución destes medios físicos que se desenvolven no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
Coñecemento
Finalmente, o obxectivo último deste proxecto á afondar no coñecemento destes ambientes naturais para sentar as bases dun axeitado plan de xestión, seguimento e conservación destes medios cuxo alto valor xeolóxico, paisaxístico e ecolóxico os converten en base indispensable do Patrimonio natural y do atractivo turístico do Parque. Preténdese integrar tódolos datos en modelos evolutivos e predictivos ante os cambios globais e variacións ambientais.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: