Comeza o programa educativo “Coñece as Illas Atlánticas”, para divulgar os valores do único Parque Nacional galego

2010/02/07

A Consellería do Medio Rural promove o programa educativo “Coñece as Illas Atlánticas” que presenta cada ano o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, co obxectivo de que os estudantes coñezan os valores deste espazo e se impliquen na súa protección e conservación. Ao longo do mes de febreiro, guías do propio parque desprazaranse aos centros públicos e concertados pertencentes aos catro municipios da área de influencia socioeconómica do P.N. Illas Atlánticas (Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa e Ribeira) para levar a cabo unha serie de actividades que acheguen aos alumnos os valores naturais e culturais do Parque.
Charla e simulación
Estas accións consistirán nunha charla-proxección, de 45 minutos aproximadamente, onde se analizarán os aspectos e valores máis relevantes do espazo natural protexido e un xogo de simulación onde os alumnos poderán opinar e debater sobre diversos aspectos do Parque Nacional. Este programa educativo tamén ofrece unha actividade opcional que consiste nun concurso entre tódolos centros participantes que avaliará a comprensión e adquisición de conceptos por parte do alumnado.
Avaliación do programa
Ademais do estudo dos traballos presentados ao concurso e os niveis de participación no mesmo, a avaliación por parte dos profesores tamén é unha parte moi importante neste programa educativo para os alumnos en particular e para os propios organizadores en xeral. Co obxectivo de mellorar na organización e na metodoloxía do programa, os guías entregarán unhas enquisas avaliativas dirixidas a todos aqueles docentes que participen nestas actividades.
FONTE: NOVAS DA XUNTA
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: