A Xunta regulará o fluxo de visitantes ao Parque das Fragas do Eume polo portal de Caaveiro durante toda a Semana Santa

2010/03/27

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, porá en marcha ata o vindeiro domingo, día 4 de abril, un dispositivo especial para organizar e regular o fluxo de visitantes no Parque Natural das Fragas do Eume a través da súa entrada máis concorrida, o chamado “Portal de Caaveiro”. O obxectivo desta medida é facilitar o acceso a este espazo protexido e evitar, ao tempo, afeccións ao medio natural, en previsión dun incremento das visitas con motivo das vacacións de Semana Santa.
Transporte público
Para este fin disporase un servizo de transporte público, integrado por dous microbuses (con capacidade para entre 25 e 33 prazas), que funcionarán tódolos días desde as dez de mañá ata as sete da tarde, cunha interrupción entre as 14:00 e as 15:00 horas. Estes vehículos circularán en ambos sentidos, dende o Centro de Recepción de Visitantes, cunha frecuencia de media hora. O primeiro viaxe será mañá domingo ás 10:00 horas e o último está previsto para o domingo 4 ás 19:00 horas.
Aparcadoiro
Ademais, o tráfico rodado estará prohibido (agás para as bicicletas) entre o aparcadoiro da Alameda e a ponte de Santa Cristina a todas aquelas persoas que non sexan propietarias de terreos ou bens dentro do Parque. Isto farase a través dun control de paso atendido por persoal específico e con barreiras de acceso ao final da Alameda. Tamén se habilitará e ordenará o espazo de aparcadoiro desta área e dos situados nas chamadas Xunqueiras de Arriba e de Abaixo, con capacidade para 200 prazas, para un estacionamento ordenado dos vehículos. No Centro de Visitantes haberá persoal para atender ao público e para distribuír os billetes numerados e regular así o acceso aos microbuses. O dispositivo especial funcionará desde mañá ata o vindeiro domingo 4 de abril.
FONTE: NOVAS DA XUNTA

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: