A Xunta e o Goberno central déronlle un impulso ao convenio para o desenvolvemento de accións na Rede Natura 2000

2010/04/22

O director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, recibiu hoxe 21 de abril de 2010 no seu despacho ao director xeral de Medio Natural e Política Forestal do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, José Jiménez. Nesta xuntanza de traballo tratouse como tema principial o desenvolvemento do convenio de colaboración entre o MARM e a Xunta de Galicia para a realización de diferentes accións na Rede Natura 2000. Este convenio, que ten unha duración ata o 2012, supón o investimento de case 24 millóns de euros en accións integradas de conservación e posta en valor da Rede Natura 2000. A restauración de habitats degradados, a creación e mellora de equipamentos de uso público, a custodia do territorio, a conservación de habitats e de especies, a divulgación e a posta en valor de areas protexidas son as actuacións principais previstas neste convenio. Na reunión, que tivo lugar na sede da Dirección Xeral de Conservación da Natureza en Santiago, púxose de manifesto a importancia de iniciar xa este ano o primeiro paquete de accións, que suporán un investimento de case 1,5 millóns de euros e proseguir nos seguintes ata completar o investimento total.
Centro de Recursos Ambientais de Ourense
Por outra banda, tratouse tamén a situación doutro convenio de colaboración de cara a construción do Centro de Recursos Ambientais de Ourense. Esta instalación esta xa so pendente da formalización da cesión dos terreos por parte do Concello de Ourense e o seu inicio está previsto unha vez remate esta fase. O investimento será de uns 8,5 millóns de euros e suporá a creación dun importante referente no contexto da divulgación do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.
Illas Atlánticas
Por último o director xeral de Conservación da Natureza trasladou ao seu homólogo do MARM a necesidade de acometer obras de servizos xerais no Parque Nacional das Illas Atlánticas, relacionados coa dotación dun servizo de subministro eléctrico regular, saneamento e outras actuacións de mellora da accesibilidade. Neste sentido, o alto cargo do Ministerio comprometeuse a estudar as propostas e situar en axenda o programa de investimentos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: