Medio Rural inicia o proceso de desvinculación da Fundación Tor

2010/04/30

Nun novo exercicio de responsabilidade e de xenerosidade, a Consellería do Medio Rural comezou o proceso de desvinculación da Fundación do Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia para cederlla á Deputación Provincial de Lugo, tal e como esta solicitou.
Deste xeito, iniciaranse os trámites para que a Xunta de Galicia se desvincule desta entidade, como xa foi acordado hai uns meses de forma verbal polo conselleiro, Samuel Juárez, e o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro.
O propio conselleiro e o máximo responsable da Deputación lucense selaron hoxe formalmente este acordo na xuntanza ordinaria do Padroado desta Fundación, que tivo lugar no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos.
Fundación
A Fundación do Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia é un organismo no que ata o de agora as administracións provincial e autonómica viñan cooperado estreitamente en materias cinexéticas e piscícolas. Dende hoxe, será a propia Deputación lucense quen asuma progresivamente a súa tutela.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: