Samuel Juárez destaca que no primeiro ano de lexislatura a Xunta ampliou o Parque do Xurés e aprobou a Zepa da Limia

2010/04/30

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, presidiu esta mañá do 30 de abril de 2010, a inauguración do foro “Patrimonio natural de Galicia: Conservación e uso sostible”, organizado polo Grupo Correo Gallego coincidindo coa celebración do Ano Internacional da Biodiversidade neste 2010.
Na súa intervención, Juárez lembrou o traballo desenvolvido pola Xunta en materia de Conservación da Natureza no primeiro ano de lexislatura. Destacou a aprobación da ampliación do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, situado no suroeste da provincia de Ourense e fronteirizo con Portugal, que pasou das iniciais 20.900 hectáreas a preto de 30.000, incluíndo novas áreas adxacentes conformadas por hábitats prioritarios e de interese comunitario.
Tamén salientou o conselleiro a aprobación do decreto polo que se declarou a Zona de Especial Protección para as Aves (Zepa) da Limia, na mesma provincia ourensá. Esta declaración –recalcou Juárez– fíxose despois de seguir escrupulosamente os trámites legais pertinentes e de someter a información pública aos interesados. A superficie final desta Zepa quedou en 6.900 hectáreas, fronte ás 10.000 previstas inicialmente, garantíndose sempre a compatibilidade desta figura de protección cos tradicionais usos agrarios da comarca.
O foro inaugurado polo titular de Medio Rural está estruturado en dúas mesas redondas, unha delas centrada en analizar a conservación dos ecosistemas e a problemática de Galicia e a outra na xestión do patrimonio natural como factor de desenvolvemento económico e benestar social. A clausura da xornada estará presidida polo director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón.
Concienciación
Na apertura deste foro, no que participan expertos de diferentes administracións públicas, de varias universidades e de diversos colectivos ecoloxistas, así como representantes do mundo da caza e a pesca ou do sector turístico, Samuel Juárez fixo fincapé na importancia de concienciar á sociedade en xeral sobre a necesidade de conservar os espazos naturais e a biodiversidade, para así garantir un mundo máis sostible.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: