O director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, pronunciou esta tarde, 22 de abril de 2010, na Facultade de Ciencias de Ourense unha conferencia con motivo da celebración do Día da Terra. Na súa intervención, que se enmarca nun ciclo de seminarios ambientais destinados a concienciar e por en valor a riqueza dos recursos naturais de Galicia, García-Borregón destacou a enorme riqueza da biodiversidade galega e citou varias especies –tanto da fauna como da flora– que ao seu xuízo constitúen os elementos máis valiosos da mesma. Así, en relación coa flora mencionou a planta dunar que habita no litoral do Barbanza, Costa da Morte e Ártabra; o cardiño das lagoas, que vive en humidais da Terra Chá, Gándara de Melide e A Limia, e a centaurea de San Andrés de Teixido, na Costa Ártabra. En canto á fauna falou do oso pardo cantábrico e as tartarugas mariñas que visitan as nosas costas periodicamente. A estas especies, engadiu, poderíamos unir outras como a pita do monte, o sisón, a píllara papuda ou o sapo de esporas.
O director xeral salientou tamén que os espazos naturais protexidos de Galicia representan na actualidade o 13% da superficie continental da Comunidade Autónoma e o 7% do territorio protexido en toda España. Para finalizar, García-Borregón destacou os eixes e liñas de actuación que se están levando a cabo dende a Consellería do Medio Rural neste ámbito. Entre eles, a adaptación da Estratexia Galega de conservación e uso sostible da biodiversidade ao novo marco lexislativo, incluíndo unha estratexia específica para especies exóticas invasoras; os traballos de culminación dos plans de conservación das especies ameazadas catalogadas; a actualización do Catálogo de Árbores Senlleiras, o labor relacionado co benestar dos animais domésticos e salvaxes en catividade ou o que ten que ver coa accesibilidade da información ambiental a través das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

Conciencia
O Día da Terra celebrase hoxe, 22 de abril, dende hai corenta anos. O promotor desta iniciativa foi o senador estadounidense Gaylord Nelson, co obxectivo de crear conciencia común en relación con problemas como a contaminación, a conservación da biodiversidade e, en xeral, todas as preocupacións ambientais. A celebración coincide nesta ocasión co Ano Internacional da Diversidade Biolóxica no que existe un compromiso a nivel global, rexional, nacional e local de frear a perda da biodiversidade e fomentar o uso sostible dos recursos naturais, un obxectivo que xa se marcaba en 2002 a Conferencia das Partes do Convenio sobre a diversidade biolóxica (CDB) que propuxo reducir substancialmente a perda de biodiversidade para o período 2002-2010. Na mesma liña, a Unión Europea puxo en marcha en 2006 un plan de acción co fin de frear a perda da biodiversidade.

O director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, recibiu hoxe 21 de abril de 2010 no seu despacho ao director xeral de Medio Natural e Política Forestal do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, José Jiménez. Nesta xuntanza de traballo tratouse como tema principial o desenvolvemento do convenio de colaboración entre o MARM e a Xunta de Galicia para a realización de diferentes accións na Rede Natura 2000. Este convenio, que ten unha duración ata o 2012, supón o investimento de case 24 millóns de euros en accións integradas de conservación e posta en valor da Rede Natura 2000. A restauración de habitats degradados, a creación e mellora de equipamentos de uso público, a custodia do territorio, a conservación de habitats e de especies, a divulgación e a posta en valor de areas protexidas son as actuacións principais previstas neste convenio. Na reunión, que tivo lugar na sede da Dirección Xeral de Conservación da Natureza en Santiago, púxose de manifesto a importancia de iniciar xa este ano o primeiro paquete de accións, que suporán un investimento de case 1,5 millóns de euros e proseguir nos seguintes ata completar o investimento total.
Centro de Recursos Ambientais de Ourense
Por outra banda, tratouse tamén a situación doutro convenio de colaboración de cara a construción do Centro de Recursos Ambientais de Ourense. Esta instalación esta xa so pendente da formalización da cesión dos terreos por parte do Concello de Ourense e o seu inicio está previsto unha vez remate esta fase. O investimento será de uns 8,5 millóns de euros e suporá a creación dun importante referente no contexto da divulgación do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.
Illas Atlánticas
Por último o director xeral de Conservación da Natureza trasladou ao seu homólogo do MARM a necesidade de acometer obras de servizos xerais no Parque Nacional das Illas Atlánticas, relacionados coa dotación dun servizo de subministro eléctrico regular, saneamento e outras actuacións de mellora da accesibilidade. Neste sentido, o alto cargo do Ministerio comprometeuse a estudar as propostas e situar en axenda o programa de investimentos.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe, 19 de abril de 2010, unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabarín e se convocan para o ano 2010.

O obxectivo desta orde é establecer as bases dunha liña de axudas de carácter compensatorio a favor dos afectados polos danos causados por este animal nos seus cultivos agrícolas. Os beneficiarios serán todos aqueles agricultores profesionais, entendendo como aquela persoa física titular dunha explotación agraria, gandeira ou forestal, e as sociedades agrarias de transformación (SAT) e cooperativas de explotación comunitarias de terras.

Orzamento
O orzamento previsto para esta liña de axudas ascende a 250.000 euros, dotación que poderá ser incrementada en proporción ao número de solicitudes e ás dispoñibilidades presupostarias. En canto ao importe das axudas, calcularase segundo a valoración dos cultivos danados, establecendo como importe máximo, por ano e beneficiario, a contía de 1.500 euros.

Estas axudas son incompatibles coas que se soliciten polos mesmos feitos en parques naturais dependentes da Administración autonómica; así como coas cantidades percibidas en concepto de indemnización polos mesmos danos derivados dun expediente de responsabilidade patrimonial.

Prazos
As axudas comprenden os danos producidos polo xabarín nos cultivos agrícolas dende o 1 de outubro de 2009 ata o 30 de setembro de 2010. O prazo para formalizar as solicitudes remata o 15 de outubro de 2010.

Os titulares destes cultivos deberán comunicar os incidentes á Consellería do Medio Rural nun prazo máximo de sete días dende a produción do dano. Os afectados poderán facelo a través do teléfono do 012 ou mediante o servizo de denuncia por Internet en https://www.xunta.es:444/caza/. (VER D.O.G.)

FONTE: NOVAS DA XUNTA

Poco a poco Bizkaia se está convirtiendo en la sensación de la temporada. la becada de la Diputación Foral de Bizkaia nos ofrece un viaje completamente diferente a todos los que hemos seguido hasta ahora. Sus etapas son más cortas y aunque no sabemos a ciencia cierta cuál será el lugar en el que pasará el verano, sí que nos está ofreciendo una ruta y un comportamiento cuyo cromo nos faltaba en el álbum. ¿Será una becada de corto o medio recorrido? Lo sabremos pronto, porque la calidad de sus emisiones es excelente. (Leer más +)

Europa lanza una campaña para que los ciudadanos conozcan mejor la importancia de cuidar el hábitat. Europa suspende en protección de la biodiversidad, a pesar de los esfuerzos de la Comisión Europea (CE).  

Además, la  biodiversidad mundial está «gravemente amenazada», con una   pérdida de especies entre 100 y 1.000 veces superior al ritmo normal. Y no sólo eso, más de un tercio de las especies evaluadas están amenazadas de extinción y se estima que un 60 por ciento de los servicios ecosistémicos del planeta (como la polinización de las abejas, por ejemplo) se han deteriorado durante los últimos 50 años.

No obstante, España está a la cabeza de Europa en recuperación de especies en grave peligro, como el lince ibérico –el felino más amenazado del mundo–, el águila imperial, el oso pardo, el lobo ibérico o la nutria. Nuestro país goza de algunos de los espacios «vírgenes» mejor conservados del Viejo Continente.

El 27 por ciento de los espacios protegidos por la Red Natura en Europa se encuentra en España, que goza de una cuarta parte de sus más de medio millón de kilómetros cuadrados de extensión con alguna figura de protección. Además, nuestro país cuenta con uno de los mayores índices de biodiversidad de toda Europa, con gran variedad de hábitats y numerosos endemismos –especies únicas que no se encuentran en ningún otro lugar del mundo–. 

Sin embargo, en el Eurobarómetro de la UE publicado la pasada semana se recoge que, de los 27.000 españoles encuestados, el 30 por ciento nunca ha oído hablar sobre qué es la biodiversidad; el 69 por ciento no se siente lo suficientemente informado sobre la materia; el 87 por ciento después de conocerlo sabe que es un problema grave o muy grave; y el 24 por ciento se siente afectado tras conocerlo. Para paliar esta situación, se ha iniciado una campaña publicitaria destinada a que los ciudadanos conozcan mejor la importancia de preservar hábitats con el lema «Biodiversidad. Todos somos parte», que contará con un presupuesto de cinco millones y  pretende mostrar la relación que hay entre todos las partes de un ecosistema, según explicó ayer la directora adjunta de biodiversidad de la Comisión Europea, Claudia Olazábal.

Para ello han sido elegidas cinco especies amenazadas, como la ardilla roja, el roble o la abeja, que los ciudadanos pueden conocer mejor en la página web http://www.todossomosparte.com/ o «hacerse amigos» de ellas en la red social facebook, donde la campaña tiene un perfil.

FUENTE: LA RAZON. Madrid – Miguel Carbonell