Medio Rural programou diversas actuacións nos espazos protexidos galegos co gallo do Día Europeo dos Parques

2010/05/24

Co gallo do Día Europeo dos Parques, a Consellería do Medio Rural organizou, para o día de hoxe, diversas actuacións nos distintos parques naturais e nacional da Comunidade Autónoma. O director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, foi o encargado de abrir a xornada no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
A Administración autonómica procedeu á declaración, ata o momento, de seis parques naturais en Galicia cunha extensión de 49.086 hectáreas e coas súas características e singularidades. Así o Parque Natural da Enciña da Lastra presenta singularidade dos hábitats mediterráneos no contexto galego, así como as covas en terreos da calcaria de Aquitania únicos en Galicia; a Baixa Limia-Xurés correspóndese coas paisaxes de pedra modelada en gran medida polo xeo vello dos antigos glaciares que construíron morfoloxías excepcionais; as Fragas do Eume eríxense como a mellor representación dos bosques Atlánticos termófilos de Europa; o Invernadoiro, en pleno macizo central ourensán, configúrase nun magnífico referente para a conservación da paisaxe, formado por excepcionais montañas cubertas de matos secos, ocupados por unha variada fauna na que destacan os grandes ungulados silvestres; Corrubedo representa a testemuña litoral na comuñón da terra, o vento e o mar; e, por último, o Parque Natural do Monte Aloia, o decano dos parques galegos, un lugar para o lecer e o uso público feito con traballo e ilusión nas inmediacións da cidade de Tui.
Participación escolar
No espazo natural das Fragas do Eume celébrase esta mañá no Centro de Interpretación unha proxección das mellores fotografías tomadas no campo por alumnos do IES Fragas do Eume, sito en Pontedeume, cunha posterior debate sobre a significación e relevancia do parque nas vidas dos seus habitantes. No Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, alumnos de dous centros escolares poderán gozar dun itinerario guiado por persoal do Parque por distintos puntos de interese do espazo natural protexido.
Na xornada de mañá martes, 25 de maio, responsables do Parque Natural do Monte Aloia teñen organizado para os escolares un percorrido polo Centro de Visitantes e Interpretación “Enxeñeiro Areses” e o seu contorno.
A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, ten organizadas para hoxe unhas xornadas de convivencia de nenos residentes nos concellos dos tres Parques Naturais da provincia de Ourense (Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro, e Serra da Enciña da Lastra) e Parque Nacional de Peneda-Gerês (Portugal).
Os alumnos poderán participar hoxe na Ruta dos Muíños e en diversos xogos de convivencia e talleres de educación ambiental. Ademais, o director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón preside unha charla enfocada aos beneficios de vivir nos Parques Naturais e a importancia que estes lugares teñen para a conservación da biodiversidade. Por último, as xornadas en Ourense pecharanse coa solta de aves nocturnas e diurnas recuperadas no centro de recuperación do Rodicio.
Parque Nacional
Por outra parte, no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia véñense realizando diversas actuacións ao longo destes días. O programa educativo que se ven realizando consiste na difusión dos valores naturais do Parque aos alumnos de 5 de primaria, mediante unha sesión didáctica e participativa na aula e unha actividade educativa nunha illa.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: