O DOG publica hoxe a orde de Medio Rural pola que se determinan as épocas hábiles de caza na tempada 2010-2011

2010/06/30

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe 30/06/2010 a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2010-2011. Esta norma de vedas regula, en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 4/1997, de caza de Galicia, os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer a práctica cinexética, os métodos autorizados e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio desta actividade na Comunidade Autónoma durante a tempada 2010-2011, considerada esta coma o período comprendido entre o 1 de agosto de 2010 e o 31 de xullo do ano 2011.

Segundo o establecido por esta Orde, e unha vez oídos os comités provinciais e o Comité Galego de Caza, o período hábil para exercer a caza, válido con alcance xeral, será o comprendido entre os días 17 de outubro de 2010 e 6 de xaneiro de 2011, ambos inclusive. Os días da semana nos que se permitirá o seu exercicio dependerán de que se trate dunha ou doutra das modalidades de caza maior ou menor, e veñen detallados na propia Orde.

Novidades
Entre as novidades introducidas este ano na normativa, salienta a de que as repoboacións requirirán autorización previa do Xefe Territorial da Consellería do Medio Rural da provincia. Ademais, autorízase o adestramento de cans (sen petición previa) entre o 2 de setembro e o 16 de outubro de 2010, os xoves, sábados, domingos e festivos.

Caza por danos
En relación coa caza por danos, establécese que, no caso do lobo, poderanse autorizar esperas, ganchos ou montarías salvo nos meses de cría. No que atinxe ao xabaril, e co fin de reducir os danos producidos por esta especie, poderanse autorizar esperas, ganchos ou montarías. Os titulares dun Tecor tamén poderán solicitar a adopción destas medidas de control nas zonas de adestramento permanente para cans e zonas de reserva que teñan autorizadas.

No que se refire ao raposo, poderase autorizar, por parte dos servizos de Conservación da Natureza, a realización de ganchos nas zonas de adestramento permanente para cans e nas zonas de reserva que teñan aprobadas os Tecor.

Réximes especiais por especies
Arcea: poderase prolongar o período hábil de caza para esta especie ata o día 6 de febreiro de 2011; a cota de captura é de 3 exemplares por cazador e día.

Charrela, pato cullerete, rula turca, gaivota escura, pomba brava, pomba zura e gralla cereixeira : queda prohibida a súa caza.

Lebre: do 17 de outubro ao 5 de decembro de 2010.

Raposo: poderanse autorizar ganchos para a caza do raposo desde o 29 de agosto de 2010 ata o comezo da tempada regular, e dende o 7 de xaneiro ata o 6 de febreiro do 2011, os xoves, sábados, domingos e festivos.

Paspallás: entre o 21 de agosto e o 12 de setembro de 2010, os sábados e domingos nos Tecor da antiga lagoa de Antela.

Pombo torcaz: xunto co paspallás, nos Tecor da antiga lagoa de Antela.

Tordos: prolóngase o período hábil de caza para estas especies ata o día 30 de xaneiro de 2011, na superficie dos Tecor incluída nos concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, O Rosal e Tui, todos eles en Pontevedra.

Corzo: Do 29 de agosto e ata o 16 de outubro de 2010, gancho, montaría e axexo, os sábados, domingos e festivos para machos adultos e desde o 26 de setembro ata o 16 de outubro (e ademais o 23 de outubro de 2010), femias adultas en descaste. Desde o 1 de abril ata o 31 de xullo de 2011 na modalidade de axexo calquera día da semana.

Xabaril: desde o 29 de agosto de 2010 ata o 30 de xaneiro de 2011, nas modalidades de gancho ou montaría, xoves, sábados, domingos e festivos.

Cervo, gamo e muflón: modalidade de axexo unicamente, desde o 12 de setembro ata o 10 de outubro de 2010, sobre machos adultos e femias adultas en descaste e desde o 9 de outubro de 2010 ata o 20 de febreiro de 2011 nas modalidades de gancho, montaría e axexo, os xoves, sábados, domingos e festivos, nos terreos cinexéticos de réxime especial.

Cabra montesa e Lobo: queda en xeral prohibida a súa caza en Galicia. 


DESCARGAR DOCUMENTO EN PDF

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: