Consellería de Medio Rural. Xefatura Territorial. Ourense. Servizo de Conservación da Natureza. Na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Rural (Servizo de Conservación da Natureza), don José Ramón Salceda Balboa, como presidente da Asociación de cazadores A Gobena-Regueiro, representante do tecor societario “A Goberna-Regueiro” OU-10.211, dos montes veciñais en man común (MVMC): Oural e Costa de 194 hectáreas, propiedade dos veciños de Lebozán e Busto do concello de Beariz. Unha vez vista a solicitude, e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), este servizo publica este anuncio, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio, examina-lo expediente e presentar tódalas alegacións que consideren oportunas no Servizo de Conservación da Natureza da Jefatura territorial de Medio Rural, (rúa do Paseo, 18 – 5º, 32003 Ourense). Ourense, 28 de xullo de 2010. O xefe territorial de departamento. Asdo.: Ricardo I. Vecillas Rojo. Consellería

B.O.P. OURENSE DO 30/08/2010

El sábado 28 de agosto de 2010, comienza la media veda en Ourense.

 Unións Agrarias (UUAA) ha iniciado una campaña de recogida de firmas para que la Xunta haga frente a los perjuicios ocasionados por el jabalí en explotaciones gallegas ante la “incapacidad” del marco regulatorio para “controlar los daños”.

Jacobo Feijóo, secretario de Desenvolvemento Rural de UUAA, denuncia que la situación que viven los agricultores y ganaderos gallegos es “insostenible”, y ha cifrado en “cuatro millones de euros” la pérdidas directas ocasionadas por los ataques. Feijóo ha criticado también la “pasividad” de la Xunta, a quien acusa de “mirar hacia otro lado” y recrimina la no previsión de un presupuesto para daños en 2010 y que todavía “estén sin pagar” los correspondientes a 2009.

En respuesta a UUAA, la Consellería de Medio Ambiente señaló ayer a través de un comunicado que la Xunta no es directamente responsable de estos daños. No obstante, recordó que el plazo para solicitar compensaciones sigue abierto hasta el 15 de octubre y añadió que el presupuesto para pagar daños ocasionados por el jabalí asciende este año a 250.000 euros, que compara los 124.300 de 2009, los 120.000 de 2008 y 60.000 de 2007.

FUENTE: EL CORREO GALLEGO

Como fai tódolos anos, a Consellería do Medio Rural publicou o 19 de abril no Diario Oficial de Galicia a orde reguladora das axudas para compensación a favor dos afectados polos danos causados por xabaril nos seus cultivos agrícolas. Os beneficiarios poden ser todos aqueles agricultores profesionais, entendendo como aquela persoa física titular dunha explotación agraria, gandeira ou forestal, e as sociedades agrarias de transformación (SAT), así como cooperativas de explotación comunitarias de terras.

Canto ao importe das axudas, calcúlase segundo a valoración dos cultivos danados, establecendo como importe máximo, por ano e beneficiario, a contía de 1.500 euros. Estas axudas son incompatibles coas que se soliciten polos mesmos feitos en parques naturais dependentes da Administración autonómica; así como coas cantidades percibidas en concepto de indemnización polos mesmos danos derivados dun expediente de responsabilidade patrimonial.

As axudas comprenden os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas dende o 1 de outubro de 2009 ata o 30 de setembro de 2010. O prazo para formalizar as solicitudes remata o 15 de outubro de 2010, polo que aqueles titulares de explotacións que as vexan damnificadas aínda entran en prazo para a correspondente solicitude. Os titulares destes cultivos deberán comunicar os incidentes á Consellería do Medio Rural nun prazo máximo de sete días dende a produción do dano. Os afectados poderán facelo a través do teléfono do 012 ou mediante o servizo de denuncia por Internet en https://www.xunta.es:444/caza/.

Asemade, Medio Rural quere puntualizar que a Administración non é directamente responsable de pagar os danos provocados por estes animais, agás nos terreos da súa propiedade –nos que existan figuras de protección que non permiten a caza– ou nos terreos de aproveitamento cinexético común.

Orzamentos
No ano 2006 dedicáronse a este fin, nos orzamentos da entón Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, un total de 100.000 euros; no 2007, a cantidade foi de 60.000 euros; no 2008, de 120.000 euros; no 2009 de 124.300 euros e para o presente exercicio a contía que figura nos ornamentos da Consellería do Medio Rural é de 250.000 euros, é dicir, a mais elevada, con diferenza, desde o inicio destas axudas. Trátase asemade dunha cantidade orzamentaria inicial, que pode ampliarse segundo as necesidades. Medio Rural está a tramitar os expedientes de axuda –como fai todos os anos– e os beneficiarios cobrarán a axuda que lles corresponda segundo a normativa vixente.

  • Tecor de A Cañiza. Concello de A Cañiza (Pontevedra). Tfno: 609 28 24 87. Tarjetas de caza mayor (jabalí y corzo), menor y jornadas de caza intensiva
  • Tecor de Carreiro Ladrón. Concello de Sarreaus (Ourense). Tfno.: 609 07 25 79. Tarjetas para caza de codorniz en agosto y septiembre
  • Tecor de Calvos de Randín. Concello de Calvos de Randín (Ourense). Tfno: 690 74 03 36. Tarjetas de caza mayor y jornadas de caza intensiva
  • Tecor de Laza. Concello de Laza (Ourense). Tfno: 639 28 96 27.Tarjetas de caza mayor (jabalí, corzo y ciervo)
  • Tecor de Monterrei. Concello de Monterrey (Ourense). Tfno.: 639 69 47 63. Tarjetas de caza menor
  • Tecor de Parada da Serra. Concello de A Gudiña (Ourense). Tfno.: 649 76 89 65. Recechos de corzo y tarjetas de caza mayor (jabalí, corzo y ciervo)
  • Tecor de Pexeiros. Concello de Viana do Bolo (Ourense). Tfno.: 649 91 55 00. Recechos de corzo y tarjetas de caza mayor (jabalí, corzo y ciervo)
  • Tecor de Regumasa. Concello de Muiños (Ourense). Tfno.: 639 21 87 42. Tarjetas de caza mayor, menor y jornadas de caza intensiva
  • Tecor de Vilar de Barrio. Concello de Vilar de Barrio (Ourense). Tfno.: 647 34 39 64. Tarjetas para caza de codorniz en agosto y septiembre; y caza mayor (jabalí, corzo y ciervo). Tarjetas de temporada para caza menor.
  • Tecor de Lobios. Concello de Lobios (Ourense). Tfno.: 696 60 57 87. Tarjetas de caza mayor (jabalí y corzo). Ganchos completos a jabalí y corzo
  • Tecor de Alto Limia. Concello de Sarreaus (Ourense). Tfno.: 630 65 66 16. Tarjetas para caza de codorniz en agosto y septiembre
  • Tecor de Xunqueira de Ambia. Concello de Xunqueira de Ambía (Ourense). Tfno.: 616 19 80 07. Tarjetas para caza de codorniz en agosto y septiembre
  • Tecor de Ladairo. Concellos de Verín y Oimbra (Ourense). Tfno.: 677 43 69 78. Tarjetas para caza menor.
  1. Manejo y precauciones del animal cazado
  2. Como empezar
  3. Regulación europea
  4. Evisceración
  5. Mantenimiento de la pieza cazada para su consumo
A caza e a agricultura non poden ser conceptos antagónicos, antes ao contrario deben ser duas realidades complementarios que conviven e interactúan. A crecente expansión das especies de caza maior, fundamentalmente o xabaril, e a explosión das poboacións de coello nalgunhas zonas do territorio español están xerando tensións entre a caza e a agricultura. Co ánimo constructivo que o caracteriza, o Observatorio Cinexético da RFEC abordará este tema, pero con valentía e fuxindo da polémica estéril e irresponsable. Con espírito de que sexa proveitoso, quérese analizar este problema nos seus distintos aspectos e vertentes, tratando de buscar solucións, de tender pontes e xuntar beiradas. En moitas ocasións unha delgada liña vermella separa o conflicto da solución. Este foro quere ser un lugar de debates serios, constructivos, tratando de atopar, entre todos, fórmulas para avanzar de xeito responsable, cara unha realidade mellor e máis xusta para todos. 


Santiago de Compostela acollerá, o vindeiro sábado 2 de outubro, esta xornada na que poderán inscribirse cazadores, directivos de sociedades de caza, agricultores, xestores cinexéticos, técnicos, etc. A asistencia a este foro será gratuita, con aforo limitado. A xornada desenrolarase en sesión de mañá e tarde e estará estructurada en tres mesas de traballo que pretenden abordar todos aqueles aspectos relacionados con esta problemática que tanto preocupa ao mundo rural. Cada mesa terá unha duración aproximada de duas horas.
Abrirá a xornada a Mesa Xurídica co título “¿É posible un sistema máis xusto?” e na que participarán membros da xudicatura, expertos en dereito agrario e cinexético, expertos doutros países comunitarios e responsables da administración.
A continuación desenrolarase a Mesa Técnica baixo o epígrafe “Experiencias e ferramentas para delimitar os danos”, na que participarán expertos de diferentes autonomías na prevención e a loita contra os danos tanto de especies de caza maior como de menor.
No terceiro lugar a Mesa Social coa cabeceira “Procurando solucións para minimizar o conflicto”. Formarán parte desta mesa representantes dos agricultores, das sociedades de cazadores e da administración.


FONTE: WEB DA FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA