Biblioteca Virtual: ARQUIVO DE INFORMACIÓN SOBRE ESPECIES

2011/01/04

A Federación Galega de Caza, ven de poñer en marcha un novo servicio para os cazadores. Trátase dun espacio virtual de lectura e consulta destinado a todos aqueles que teñan inquedanzas en saber e coñecer sobre distintos aspectos da actividade cinexética, das especies, etc. Esta iniciativa é froito dun compromiso adquirido pola Federación no mes de xuño, con motivo das xornadas de xestión cinexética e medio ambiente, celebradas en Portas, e trata de dar resposta a unha inquietude manifestada por un cazador pontevedrés que, naquel foro, realizou a suxestión de recoller e ofrecer información dixital a aqueles cazadores e xestores cinexéticos con inquietudes técnico-científicas.
Tras unha laboriosa recollida de información, a escolma necesaria, as correspondentes autorizacións dos seus autores e o tratamento informático necesario, ve a luz esta biblioteca virtual da FGC. Encétase cunha especie cinexética emblemática en Galicia: o coello de monte, e nos vindeiros meses iranse incorporando outros temas de interese para os cazadores.
O agradecemento da Federación a todos os que colaboraron con este proxecto, especialmente a aqueles que o fixeron con entusiasmo e xenerosidade prestando desinteresadamente a súa obra.

Pode acceder a este novo servicio na seguinte ligazón:www.federaciongalegadecaza.com/biblioteca

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: