O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MARM) vén de crear, por iniciativa da Xunta, unha comisión para a revisión do réxime legal sobre a responsabilidade civil por danos provocados pola caza. O propio conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, propuxo a posta en marcha deste grupo de traballo no seo da Conferencia Sectorial.
A comisión, que xa está a traballar na cuestión e que se reúne con frecuencia, está analizando a problemática e ten como cometido dar alternativas máis equilibradas e repartidas entre os actores implicados.
A existencia deste órgano foi dada a coñecer hoxe polo titular de Medio Rural na presentación das conclusións da xornada sobre “Danos, cultivos e caza”, que tivo lugar esta maña en Santiago e na que participaron, ademais do conselleiro, o director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón, e o presidente da Federación Galega de Caza, José María Gómez Cortón.
Esta xornada celebrouse en Santiago o pasado día 2 de outubro, organizada polas federacións española e galega de caza e patrocinada pola Xunta de Galicia. No foro púxose de manifesto que os danos causados pola fauna salvaxe e en especial a cinexética aos cultivos e a gandería, aos que hai que sumar os accidentes por estrad,a son un problema social crecente.
Diálogo
O conselleiro do Medio Rural dixo neste foro que “compartimos a preocupación polos danos que produce a fauna silvestre. A solución pasa polo diálogo e a comunicación entre os implicados, e mellor si esta se produce de forma desapaixonada e reflexiva”. Pola súa banda, o director xeral de Conservación da Natureza lembrou que “a actividade cinexética aporta unha impagable labor ambiental de control das especies que proliferan máis alá dos niveis adecuados”.
Conclusións
Na rolda de prensa, o presidente da Federación Galega de Caza resumiu as conclusións da xornada de Santiago do Observatorio Cinegético, entre as que salientou a función social que realizan os cazadores e a necesidade de modificar o réxime legal dos danos, así como na prevención destes como unha tarefa compartida entre os usuarios do medio.
Os expertos participantes nesta xornada tamén advertiron sobre o feito de que cada vez son máis as pezas que se cazan en España; nestes 10 últimos anos multiplicáronse por 1,6, un 60% máis. En Galicia en particular, a caza de xabaril –especie que produce máis volume de danos– multiplicouse por algo máis de 3 (pasamos na última campaña dos 9.000 exemplares). Por tanto, é indubidable o esforzo cinexético malia a diminución das licencias.
Réxime Legal
A Responsabilidade civil por danos provocados pola caza vén regulado polas leis de caza (Lei Nacional de 1970 e Regulamento; e as Leis Autonómicas, Galicia Lei 4/1997 e Regulamento, decreto 284/2001).
A responsabilidade principal é do titular do couto ou TECOR, é dicir dos que teñen os dereitos cinexéticos. Galicia ten unhas 2.500.000 hectáreas de terreos cinexéticos (TECORES), é dicir o 85% do territorio. A Administración debe responder só cando as pezas de caza proveñen de espazos xestionados por ela.
FONTE: CONSELLERIA DO MEDIO RURAL
Anuncios
A Consellería do Medio Rural acolleu na Dirección Xeral de Conservación da Natureza a presentación dun estudio sobre a arcea (ave limícola do tamaño dunha perdiz). O traballo foi realizado polo Instituto de Investigación de Recursos Cinexéticos (IREC), órgano dependente do Centro Superior de Investigacións Científicas, coa colaboración de varias comunidades autónomas, entre elas Galicia.
Mediante este estudo analizouse unha especie da cal se tiña apenas coñecemento; trátase dunha ave migradora que, segundo se analizou na presentación, procede maioritariamente da área circunbáltica e do oeste de Rusia. A súa condición migradora propicia que o seu aproveitamento cinexético resulte especialmente negativo, posto que as arceas que chegan ata a nosa Comunidade son aquelas que non foron cazadas nos países de tránsito.O obxecto deste estudo é profundizar no coñecemento desta especie, saber cales son os parámetros que rexen as súas variacións de poboación anual e, en funcións destes datos, establecer no ámbito europeo unha xestión máis axustada, de xeito que se repartan os cupos de capturas dunha maneira equitativa e racional.
Charlas
Na presentación participou o xefe do servizo de Caza e Pesca Fluvial da Consellería do Medio Rural, Jesús Marquina. Tamén estiveron presentes representantes federativos de caza e da Asociación de Propietarios Rurais e Produtores de Caza (Aproca), cazadores e persoal técnico da gardería da Xunta. 

FONTE: CONSELLERIA DO MEDIO RURAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL Resolución do 29 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade aos convenios subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2010. O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano. En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga, DISPOÑO:
Artigo único.-Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2010, que se incorpora como anexo a esta resolución. Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2010. Jorge Atán Castro Secretario xeral da Consellería do Medio Rural

…. Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Federación Galega de Caza. 65.000,00 €  9-6-2010 ….

Fonte: D.O.G. Nº 215 do 9/11/2010
O director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, presidiu esta mañá a Xornada técnica de divulgación dos traballos realizados na Reserva de Caza de Ancares.
Nesta xuntanza, na que participaron técnicos da propio Dirección Xeral e outros expertos na materia, analizouse, por un lado, os resultados dos estudos realizados sobre o seguimento e evolución das principais poboacións cinexéticas deste espazo (corzo e rebeco) nos últimos anos. Ao tempo, neste foro traballouse tamén na definición e posta en práctica de diferentes actuacións de mellora do seu hábitat, tanto das propias especies coma do medio.
Permisos
Os permisos de caza destas especies adxudícanse entre propietarios de terreos dentro da Reserva, para o seu uso por eles mesmos ou a súa cesión, dentro das condicións que establece a normativa vixente.
O que se persegue, en definitiva, é que a actividade cinexética funcione como fonte de ingresos para os titulares dos terreos, facilitando un uso sostible dos propios recursos cinexéticos e da Reserva en si mesma.
Especies
Por outra banda, na xornada celebrada esta mañá no Piornedo (Lugo) analizouse a relación existente entre estas e outras especies cinexéticas e outros compoñentes da fauna da Reserva, como é o caso do lobo.
FONTE: NOVAS DA CONSELLERIA DO MEDIO RURAL


EXPEDIENTE 2010/37-1

ANTECEDENTES:
O presente expediente instruiuse para a súa adxudicación mediante procedemento negociado sen
publicidade e trámite ordinario, de acordo cos artigos 153 a 162 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de
contratos do sector público (LCSP).
De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que se aprobou para o
expediente de referencia, así como nos apartados das follas de especificacións, relativos ós criterios para
adxudicación, realizouse unha valoración e estudio das propostas técnicas e ofertas económicas
presentadas sendo o resultado o que aparece reflectido no informe de adxudicación provisional do Servizo
de Caza e Pesca Fluvial (Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas).
Como resultado da avaliación correspondente, e de acordo coa proposta de adxudicación da Mesa de
Contratación, tendo en conta os artigos 83 e 135 da LCSP, en referencia á esixencia de garantía,
clasificación das ofertas e adxudicación provisional e definitiva do contrato, e ó ao abeiro da Lei 1/1983, do
22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia e a Orde, do 24 de abril de 2009, da
Consellaría do Medio Rural sobre delegación de competencias no secretario xeral,


RESOLVO:
1.- Adxudicar provisionalmente o contrato nos seguintes termos:
– Empresa adxudicataria: MANZANO, LAMELA, VINAGRE Y ASOCIADOS, S.L. (CIF B15735749)
-Orzamento de adxudicación: Corenta e oito mil trescentos oitenta euros (48.380,00 €) IVE incluído.
2.- Ordenar a notificación desta resolución aos licitadores e a súa publicación no perfil do contratante deste
órgano de contratación (http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14650) de conformidade co
sinalado nos artigos 42 e 135.4 da LCSP.
3. Durante o prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte da publicación no perfil do
contratante desta adxudicación provisional, a empresa adxudicataria deberá acreditar o cumprimento das
obrigas que figuran no Prego de cláusulas administrativas particulares, así como constituír a garantía
definitiva de 2.050,00 € na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia.
4. A adxudicación definitiva producirase dentro do prazo dos dez días hábiles seguintes a aquel no que
expire o prazo de quince días hábiles para a presentación da documentación polo adxudicatario provisional,
advertindo a este que, de non presentala, non dará lugar á adxudicación definitiva do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2010
O conselleiro
P.D. (Orde do 24/04/09)
O secretario xeral,
Jorge Atán Castro

FONTE: CONSELLERIA DO MEDIO RURAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL. Resolución do 27 de agosto de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade aos convenios subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2010.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano. En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga, DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2010, que se incorpora como anexo a esta resolución. Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2010. Jorge Atán Castro Secretario xeral da Consellería do Medio Rural

…..
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación de Propietarios Rurais e Productores de Caza de Galicia-Aproca.
40.000,00 €
29-3-2010
…..