CARACTERISTICAS
El resultado de esta larga serie de cruzamientos fue la obtención de un perro muy resistente y robusto, de estructura maciza y musculoso en todas las partes del cuerpo, insensible al dolor, capaz de combatir con animales más grandes que él y matarlos. Con la capa completamente blanca, para no confundirlo con la presa que se va a abatir, el Dogo argentino se diferencia de los otros perros también por su comportamiento: ladra raramente, casi como para no querer hacer notar su presencia pero, cuando ataca, da realmente miedo. En realidad no podía ser de otra manera si se piensa en las razas con las que se ha “construido” este perro y de las cuales se ha querido transmitirle precisamente, las características que lo hacen más feroz.

CRIA Y CUIDADOS
ALIMENTACION. Las necesidades alimenticias para este potente e incansable sabueso, han sido calculadas, como ración de mantenimiento, entre 1.900 y 2.100 Kcal. diarias. Es un animal que necesita, si es utilizado para la caza, de una dieta en la cual se dupliquen o tripliquen los valores que se indican más arriba. A los ejemplares en plena actividad, no es conveniente suministrarles carbohidratados en exceso ya que con relación a las grasas, las cantidades iguales, su contenido energético es inferior. En los ejemplares en reposo, la cantidad de grasas debe mantenerse dentro de los límites de las necesidades para que no incurran, a causa de una excesiva ingestión, en la obesidad.

CUIDADOS DIARIOS. Provisto de una capa de pelo corto, tupido y liso, debe mantenerse limpio mediante el uso diario de un guante de crines, alternando con una franela, que se pasarán sobre todo el cuerpo.

CON EL VETERINARIO. Si el cachorro nace con espolones, se procede de inmediato a su amputación.

ESTANDAR
Altura y peso. Alzada a la cruz de 60 a 65 cm. Peso de 40 a 45 kg.Cabeza. Cráneo macizo, convexo en el sentido anteroposterior y transversal. Cara del mismo ancho que el cráneo. Trufa negra. Labios estrechos pigmentados de negro.Ojos. Oscuros o avellana bien distanciados entre sí.Orejas. De nacimiento en el extremo de la cabeza, erguidas o semierguidas, de forma triangular. Siempre deben cortarse.Cuello. Grueso, arqueado, con la piel muy gruesa y rugosa sobre la garganta.Cuerpo. Pecho ancho, profundo, que llega los codos. Línea dorsal muy alta en los hombros que luego se inclina suavemente hacia la cadera. Riñones cubiertos por los músculos del dorso .Extremidades posteriores. Muslos muy musculosos. Corvejones cortos.Pies. Con dedos cortos y unidos.Cola. Larga y gruesa, que el perro lleva naturalmente baja y que levanta durante la lucha.Pelaje. Completamente blanco.

ORIGEN
El creador de esta raza fue un médico argentino de Córdoba, el Dr. Antonio Martínez, que quería tener un perro adecuado para la caza del puma. Por este motivo, vino a Europa donde adquirió los mejores perros de diferentes razas (como el Bull terrier, el Bulldog, el Mastín español, el Mastín de los Pirineos, el Dogo alemán de la variedad arlequín, el Dogo de Burdeos, el Pointer, el Boxer, el Galgo irlandés y diferentes perros de pelea). Comenzó el cruzamiento de todas estas razas a comienzos de siglo y, en 1931, la nueva raza fue perfectamente fijada. Desde entonces ha sido tenida en gran consideración en la Argentina, donde hoy está bastante extendida. En Europa es conocida desde hace unos pocos años y gracias a un reducido número de apasionados que ha importado de aquel país algunos ejemplares.

RESUMEN
Incluido hasta 1978 entre las razas de utilidad, el Dogo argentino a partir de aquella fecha, ha sido incorporado a las razas de rastro porque, además de ser un óptimo perro de guardería, también es empleado en su país de origen, para Ia caza del puma, del pecari y del jabalí. Por su extrema ferocidad, y no solo con los animales que caza sino, también con sus semejantes -hasta el punto que en algunos países se le hace combatir en espectáculos de lucha- no es ciertamente un perro fácil de tener en casa, incluso, porque necesita mucho espacio.
Anuncios

Ficha técnica 
Nome: raza Perdigueiro Galego.
Outras denominacións incorrectas: can das perdices.
Área de orixe: Galicia.
Aptitudes: can de mostra, especializado na caza de pluma (perdiz, arcea, paspallás).
Feiras onde se pode ver: Silleda (Feira Internacional Semana Verde de Galicia).
Club da raza: Club de Raza do Perdigueiro Galego.
Historia e orixe da raza
As súas orixes remóntanse ao tipo antigo de braco italiano que, orixinariamente, chegou a Hispania, hai séculos, cos romanos e estableceuse en toda a zona comprendida entre o norte da provincia da Lusitania e o sudoeste do que hoxe é Francia, sufrindo cambios morfolóxicos nas diferentes rexións xeográficas (biotipos), o que o levou a ser coñecido con diversos nomes, dependendo das súas adaptacións aos diferentes medios: Perdigueiro Portugués, Perdigueiro Galego, Perdigueiro, de Burgos, Pachón, de Navarra ou de Vitoria, Braco Español ou antigo Can de Punta Español-Ibérico, Braco Francés tipo Gascuña e Braco Francés tipo Pirineos (máis lixeiro). Este tipo de can, concretamente o Perdigueiro Portugués e o antigo Can de Punta Español-Ibérico, foron os que deron lugar posteriormente ao Pointer Inglés, e o Perdigueiro de Burgos orixinou o Braco Alemán.
Área de orixe e distribución 
A súa área de orixe comprende toda a zona noroccidental da Península Ibérica, con terreo quebrado de bosque e monte baixo, con toxeiras e abundante vexetación arbustiva, onde hai poucos espazos abertos. Era frecuente velos nas zonas ourensás da Mezquita e Viana do Bolo, así como nos concellos de Riós, Laza e A Veiga. A partir da década dos setenta, coa introdución das razas foráneas, foi moi mesturado e practicamente absorbido polos Pointers e Bracos Alemáns, o que causou o declive e a práctica desaparición desta raza. Nestes momentos estase intentando recuperar a partir dos poucos exemplares que aínda se poden atopar en maior ou menor pureza, dispersos polas provincias de Lugo e, sobre todo, Ourense.
Función zootécnica 
Can de caza na modalidade de mostra; ideal para a pluma, tamén se pode adestrar para a caza de pelo.
Prototipo racial 
1.- Características xerais
Aparencia xeral 
Can de tipo bracoide (Mégnin P., 1897), de tamaño mediano, eumétrico e mesomorfo; ben proporcionado, de aspecto rexo, con peito amplo e con estrutura sólida, trotador, de movementos flexibles, forte e resistente. É excelente como can de mostra e bo cobrador tanto na terra coma na auga. Segundo refiren os antigos criadores/cazadores, algúns deles nacían co nariz fendido.
Temperamento e comportamento 
Animal de carácter dócil, obediente e agarimoso, presenta un temperamento de gran coraxe e valentía na caza, pois non se amedrenta fronte aos toxos nin coas silvas á hora de procurar e cobrar a peza abatida polo cazador. Presenta un grande olfacto e é un buscador activo, tanto ventando coma tamén por rastro, bate o terreo con método, atención e minuciosidade, adaptándose aos máis variados medios e climas, mantendo un contacto continuo co cazador, ao que lle transmite, coas súas características actitudes corporais, as impresións olfactivas captadas, presentando unha mostra firme e ríxida, con músculos tensos, rabo alto e cabeza inmóbil. Traballa preto do cazador, utilizando alternativamente o trote co galope curto na súa busca minuciosa do terreo pechado e quebrado do monte galego, estando perfectamente adaptado a este tipo de terreo, pois non se amedrenta á hora de procurar e cobrar a peza abatida polo cazador. Tamén se pode adestrar para a caza de pelo (coello e lebre).
2.- Características rexionais 
Cabeza
Cabeza grande (aproximadamente 4/10 a altura á cruz), de forma prismática, ancha, coas liñas cranio-faciais converxentes (eixes lonxitudinais superiores do fociño e do cranio). Perfil recto, protuberancia occipital destacada, con suco cranial medio que chega á cara. Fronte con senos amplos, moi desenvolvidos. Depresión frontonasal marcada, coa mesma distancia ao occipucio que á punta do nariz. Fociño amplo, recto e cadrado, igualmente ancho no extremo que na base. Nariz grande, podendo aparecer en ocasións exemplares co nariz fendido. Beizos grosos e caídos, superando o superior lixeiramente o maxilar inferior, pero sen dar sensación de frouxidade nin babeo. Dentadura forte e de trabada en tesoira. Ollos grandes, brillantes, xeralmente escuros, coas pálpebras adheridas e de expresión nobre e bondadosa; non presentan ectropión. Orellas de inserción alta, anchas, grandes, delgadas e pegadas á cara, sen formar pregamentos e co bordo inferior redondeado e orientadas levemente cara a diante.
Pescozo
Pescozo longo, musculoso, co bordo superior recto ou levemente arqueado, en ocasións con moi lixeira papada nalgúns exemplares, pero moi pouco relevante.
Tronco
Corpo rectangular e de gran capacidade torácica. Liña dorso-lumbar recta e horizontal. Lombos anchos e curtos. Cruz dos cadrís ancha. Peito ancho e profundo, o seu perímetro adoita superar nun cuarto a alzada á cruz. Costelar longo e un pouco arqueado. Ventre non moi recollido. O rabo non adoita ser excesivamente longo, é groso e robusto na base, adelgazando progresivamente ata a punta.
Extremidades
Rexas, verticais e rectas. As extremidades anteriores presentan escápulas algo inclinadas. Brazos musculosos. Cóbados paralelos ao plano medio do corpo, nin pechados nin abertos. Antebrazos verticais con óso forte. Pés con tendencia a ser máis redondos que ovalados, con polpas negras e unllas pigmentadas ou brancas. As extremidades posteriores presentan pernís longos, anchos, musculosos e oblicuos. Xarretes paralelos e en prolongación coa liña vertical das cachas. Metatarsos robustos e delgados, perfectamente verticais. Pés un pouco máis redondeados cós anteriores.
Movemento 
É un animal de movementos flexibles, con trote amplo, de cadencia rítmica, non ten un galope longo, como o seu parente o Pointer Inglés que corre grandes distancias, afastado do cazador, en terreos de grandes extensións, abertos e libres de vexetación; pola contra, traballa máis preto do home, utilizando alternativamente o trote co galope curto na procura minuciosa nos terreos quebrados e de monte pechado, de bosque con espesa matogueira de Galicia.
Manto 
Pel: a pel debe ser delgada e adherida ao corpo.
Capa (cor): branca e pencada ou manchada en castaño, laranxa, canela e negra. Mantos ternarios, tricolores, brancos en castaño e negro, con manchas lume en cellas e meixelas. Tamén uniformes en castaño, amarelo ou negro.
Pelo: curto, groso, moi denso, liso e áspero
Tamaño
Alzada á cruz: de 50 a 60 cm; machos 55-60 cm; femias de 50-55 cm.
3.- Faltas
Calquera desviación dos criterios mencionados débese considerar unha falta, sendo a gravidade desta proporcional ao grao de desviación respecto do estándar. As máis frecuentes poden ser a presenza de ectropión e entropión, liña dorso-lumbar enselada, fociño afiado, mordida en pinza, etc.
4.- Defectos
Orixina a diminución máis ou menos acusada dalgunha función determinada do animal, que pode ser total, parcial ou rexional, dependendo do grao no que se vexa eivada a aptitude esencial do animal (coxeiras en extremidades, ablacións ou mutilacións en orellas e rabo, ausencia de pezas dentarias por extraccións, traumatismos en ollos con perda de visión, etc.).
5.- Faltas ou defectos descualificables 
Son aquelas características que en absoluto se axustan aos criterios mencionados no estándar da raza, e son excluíntes en por si, dependentes dun compoñente xenético que achega uns caracteres non contemplados, nin desexados, no prototipo racial. Neste sentido, é importante excluír a presenza de animais con anomalías psíquicas e con defectos anatómicos e/ou de tipo, ligados a xenes indesexables, como poden ser as inestabilidades ou desequilibrios de carácter anormais, a agresividade extrema sen provocación ningunha, a epilepsia, a ausencia dalgún testículo nas bolsas escrotais (monorquidia e criptorquidia), a displasia de cadeira, a atrofia progresiva da retina, os pechamentos incorrectos das arcadas dentarias (prognatismos e enognatismos), a ausencia de máis de dous premolares ou os albinismos. (+ INFORMACION)

CARACTERISTICAS
El aspecto general de este perro está caracterizado sobre todo, por la capa con pelo largo, duro, fuerte y, a veces incluso tupido e hirsuto. Los colores más comunes son el gris-azul, el gris lobo, el negro marengo- con manchas fuego en las mejillas- y, por último, el leonado. Con respecto a la altura (como consecuencia de sus orígenes recientes, no ciertamente muy puros) existe una tolerancia en más de algunos centímetros, permaneciendo invariables todas las otras características generales establecidas por el estándar. Se mueve con paso elástico, suave y no muy rápido.
CRIA Y CUIDADOS
ALIMENTACION. Sus necesidades en Kcal. diarias, como ración de mantenimiento, están comprendidas entre las 1.250 y las 1.450. Es un animal considerado duro porque se adapta a condiciones alimenticias y ambientales, que otro perro no podría resistir. Sin embargo, esto no debe constituir una justificación, por parte del propietario, para tener al Griffon en condiciones penosas. Recordemos que una carencia proteica disminuye la resistencia a las infecciones, no sólo en el macho adulto sino también y, sobre todo, en las hembras durante el período de gestación y que perjudica el desarrollo y la capacidad de defensa futura de los cachorros. Por lo tanto, no debe descuidarse, durante la etapa juvenil, el suministro de complejos mineral-vitamínicos.

CUIDADOS DIARIOS. La inspección visual y manual, a la vuelta de la caza, sobre todo el cuerpo y más atentamente donde el pelo es más largo, tiene la finalidad de determinar la presencia de parásitos tales como garrapatas o pulgas y elementos extraños como restos vegetales, espinas, astillas, etc.

ESTANDAR
Alzada a la cruz. Media de 51 a 61 cm. con una tolerancia de 3 cm. en más para los machos. Ideal entre 54 y 58 cm.Cabeza. Descarnada y liviana, relativamente larga. Mentón con un poco de barba. Frente unida a la caña nasal por un stop poco marcado pero en apariencia mucho más evidente a causa del pelo hirsuto que hay encima de las cejas. Cráneo casi plano.Ojos. Preferiblemente oscuros.Orejas. Nacen a la altura de los ojos son suaves, bastante peludas, de longitud y anchura media, arrugadas hacia el extremo.Cuello. Bastante liviano y enjuto, carente de papada.Extremidades anteriores. Aparentemente gruesas a causa del pelo pero en realidad son enjutas. Hombros ligeramente inclinados, enjutos bien pegados al cuerpo. Vistos de perfil, cuando el perro está en reposo, poco echados hacia atrás con respecto a la vertical. Los metacarpos no son largos.Cuerpo. Pecho que cae mucho hacia los codos. Esternón poco desarrollado en anchura. Caja torácica profunda en longitud, ensanchándose hacia las últimas costillas, más redondeada con respecto a las primeras que son más planas. Dorso alargado. Flanco un poco retraído. Grupa relativamente oblicua.Extremidades posteriores. Muslos enjutos, relativamente planos. Corvejones caídos y un poco curvados.Pies. Ligeramente alargados con dedos sólidos.Cola. De buen emplazamiento, no muy larga, el perro la lleva a manera de sable.Pelaje. Largo, fuerte, duro, hirsuto tupido. Color: gris lobo o gris-azul, gris-jabalí, negro-marengo con manchas fuego en las mejillas, sobre los ojos, en las extremidades; menos frecuentemente leonado y tricolor.

ORIGEN
Conocido desde épocas muy lejanas, el Griffon desciende de los, grandes “perros grises” llevados a tierra francesa por San Luis, a la vuelta de las Cruzadas. Este tipo de sabueso en un tiempo muy difundido, como se desprende de numerosos testimonios irrefutables, era ciertamente de tamaño más grande. Esta raza comenzó su lenta pero inexorable declinación hacia finales del siglo pasado, hasta llegar a un paso de la extinción total. Fueron unos pocos apasionados quienes la salvaron recuperando los pocos ejemplares sobrevivientes e intentaron afirmarla cruzándola, por obvios motivos de sangre, con perros de Gascuña y La Vandée. Esto ha tenido como consecuencia que hoy no haya una gran homogeneidad entre los ejemplares existentes, que revelan claramente la aportación de sangre de otras razas. Más allá de todo esto, queda el hecho positivo de que esta raza ha sido salvada aún siendo desconocida fuera de los límites de Francia.

RESUMEN
Sabueso francés utilizado en la caza a caballo de diversos animales, demostrando una particular aptitud y ardor en el seguimiento del jabalí, tanto al descubierto como en los terrenos más difíciles. Intrépido y dotado de gran valor, no muestra ningún temor en atacar, incluso solo, en el bosque más tupido y cerrado, exhibiendo al mismo tiempo una gran resistencia y un buen olfato. No excesivamente veloz, tiene su mejor rendimiento en los terrenos accidentados, donde la velocidad no es el factor más importante.

Ficha técnica

Nome: raza Podengo Galego

Outras denominacións incorrectas: coelleiro galego.

Área de orixe: Galicia.

Aptitudes: a caza do coello principalmente, aínda que tamén para a lebre e o raposo.

Feiras onde se pode ver: Silleda (Feira Internacional Semana Verde de Galicia), feiras de cans de caza en Luíntra (EXPOCAN) e Arzúa.

Club da raza: Club de Raza do Podengo Galego.


Historia e orixe da raza

Todos os podengos ibéricos (Eivisenco, Andaluz, Galego, Portugués) están emparentados e comparten un mesmo tronco común cos restantes podengos da área mediterránea como o Podengo dos Faraóns (illas de Malta e Gozo), o Cirneco do Etna (Sicilia), o Podengo da illa Lampedusa (Tunicia), o Podengo Charnigue ou Charnègre do Rosellón e a Provenza (Francia) e mailo Podengo Canario. Este tipo de animal xa estaba presente no antigo Exipto (IV milenio a. C.) e coñecíase co nome de Tesem ou lebrel exipcio de orellas rectas; tamén era coñecido en Eritrea e Somalia; procedía moi probablemente do antigo can neolítico das sabanas saharianas, de aspecto lebreloide (tipo graioide) e de orellas erectas, presentes nas pinturas rupestres da desolada paisaxe do Tassili dos Ajjer, no Ued Djerat do Sáhara central alxeriano (VII milenio a. C). Foi estendido polas rutas comerciais, ao longo de toda a conca mediterránea, por mercadores cretenses (2000 a. C.), fenicios (1000 a. C.), gregos e cartaxineses. Foi apreciado polos romanos para a caza do coello e da lebre.

Área de orixe e distribución

Comprende toda a zona noroccidental da Península Ibérica, emparentado co Podengo Portugués mediano (orixinario da zona norte), con montañas de 600 m a 800 m sobre o nivel do mar, con zonas de serra e monte forestado con abundante vexetación arbustiva, con silvas e matogueira do tipo toxo, urce, carrasca, carpaza, carrasco, codesos, xesta, etc., que forman un monte baixo e/ou sotobosque, onde se atopan os coellos, lebres, raposos e demais caza de pelo e pluma (arcea, perdiz e paspallás). Atópase espallado por toda Galicia, pero principalmente polas provincias de Pontevedra e Ourense, aínda que tamén se localizan exemplares nas outras dúas provincias galegas.

Función zootécnica

Cazador especializado na caza de animais de pelo, ao que persegue ventando con movementos rápidos; tamén se pode adestrar para perseguir animais de pluma. Dado o seu carácter desconfiado e nervioso, é frecuente tamén atopalo vixiando a casa e avisando da chegada de estraños.

Prototipo racial

1.- Características xerais

Aparencia xeral

Animal de tipo primitivo, graioide (Mégnin P.,1897), de tamaño mediano, lixeiro e sublonxilíneo, tipo dolicomórfico; moi rústico, austero, sobrio, áxil, con gran capacidade olfactiva, auditiva e visual, calidades estas que, xunto coa súa astucia, lle confiren un característico comportamento de intelixencia natural durante a caza. É un can que, dalgún xeito, se asemella aos galgos/lebreis, mais coas orellas erguidas. Non se trata dun verdadeiro galgo. As orellas son anchas na base e moi movibles. Son animais moi uniformes, de tamaño mediano e lixeiro, de capa canela en todos os seus gradientes, desde a cor area aos vermellos, podéndose atopar, ás veces, exemplares fígado/chocolate, presentándose normalmente acolarados ou calzados en branco, podendo ser de pelo semicurto ou de mediana lonxitude. Teñen o ventre recollido, aínda que sen a finura de liñas do corpo, así como da cabeza, de moitos galgos. As femias son lixeiramente máis liviás e esveltas cós machos.

Temperamento e comportamento
É un tipo de animal levantador da peza (non mostra), sendo un dos máis completos dentro das razas englobadas nesta categoría. É un cazador astuto e pícaro, incansable, verdadeiro auxiliar para o cazador, con extraordinaria habilidade para a caza do coello e do raposo, aínda que tamén con destreza para a perdiz, pois ademais do nariz utiliza moito o oído e a vista en apoio do olfacto. Caza a paso rápido, que alterna co trote na busca, de forma continua, ventando ou baixando a cabeza na procura do rastro, levando a cabeza á altura do tronco cando o detecta no aire, e movendo entón o rabo dun xeito ostensible. Cobra ben a peza ferida, portándoa ata o cazador. É un animal polivalente, xa que se adapta a calquera modalidade do terreo, situación e tipo de caza. As súas condicións naturais permítenlle descubrir a caza no campo e sacala do seu escondedoiro sen necesidade de mostra. Ao percibir o olor da peza aniñada, lánzase de súpeto sobre ela (algúns exemplares realizan, co paspallás, unha pequena parada). É moi apropiado para acompañar o cazador solitario, na modalidade do salto, xa que non adoita afastarse en exceso, realizando unha busca de 30-40 metros ao redor.

2.- Características rexionais

Cabeza

Dolicocéfalo, cunha lonxitude aproximada de 4/10 a alzada á cruz, en forma piramidal, de cono alongado. O cranio é reducido e plano. Depresión fronto-nasal pouco acentuada. Fociño longo e delgado, en liña recta coa testa. Nariz saínte e anguloso, con ventás de boa abertura. Beizos pequenos e apertados. Dentadura forte e de trabada en tesoira. Os ollos son vivos e expresivos, lixeiramente oblicuos (semilaterais), de forma ovalada e de cor acorde coa capa. Con orellas erguidas, de forma triangular, tamaño medio e anchas na base.

Pescozo
Pescozo levemente arqueado, musculoso, ben proporcionado, sen presentar papada.
Tronco
Corpo rectangular. Cruz longa e estreita. Liña dorso-lumbar recta, co lombo curto, ancho e flexible, ben unido -de forma continua- co dorso. Cruz dos cadrís media, recta e ancha. Peito medio e con tendencia á profundidade. Costelar pouco arqueado e alongado. Ventre recollido, pero non retraído de xeito tan extremo como nos galgos. Rabo de inserción alta, de tamaño mediano e provisto de pelos algo máis longos. En repouso descansa caído ou levemente arqueado entre as pernas, á altura dos xarretes; en movemento elévao, arqueándoo sobre a cruz dos cadrís en forma de fouce, pero nunca enroscado sobre si mesmo.
Extremidades
Son gráciles, longas, rectas e moi fortes, aínda que con óso fino. As extremidades anteriores presentan escápulas lixeiramente inclinadas respecto da liña horizontal, cunha abertura duns 50º; o ángulo escápulo-umeral é aberto, maior de 90º, antebrazos verticais e longos. Os pés son de forma ovalada, con almofadas duras e unllas fortes.
Nas extremidades posteriores os pernís son longos, musculosos e oblicuos, coa nádega alongada e algo descendida. Xarretes con ángulos abertos e baixos. Os pés son de forma ovalada, con almofadas duras e unllas fortes, en ocasións con presenza de esporóns, que non son desexables.
Movemento
Paso longo e de movementos moi rápidos, saltaríns e de gran velocidade.
Manto

Pel: de mediano grosor e pegada ao corpo.

Capa (cor): de capa unicolor canela en todos os seus gradientes, dende a cor area a avermellados, podéndose atopar tamén exemplares fígado/chocolate, amosándose frecuentemente acolarados, manchados no peito, testa, rabo e punta dos pés, e tamén calzados en branco. Tamén poden aparecer ocasionalmente animais brancos marxados en canela ou laranxa.
Pelo: semicurto ou de mediana lonxitude, groso e denso. En ocasións presentan algúns pelos algo máis longos e grosos ao redor do fociño. Non teñen pelo duro.
Tamaño e peso

Alzada á cruz: de 42 a 52 cm ; machos 46-52 cm; femias 42-46 cm.

Peso: de 10-15 kg.

3.- Faltas

Calquera desviación dos criterios mencionados débese considerar unha falta, sendo a gravidade desta proporcional ao grao de desviación respecto do estándar.

4.- Defectos

Orixina a diminución, máis ou menos acusada, dalgunha función determinada do animal, podendo ser total, parcial ou rexional, dependendo do grao no que se vexa eivada a aptitude esencial do animal (coxeiras en extremidades, ablacións ou mutilacións en orellas e rabo, ausencia de pezas dentarias por extraccións, traumatismos nos ollos con perda de visión, etc.).

5.- Faltas ou defectos descualificables

Son aquelas características que en absoluto se axustan aos criterios mencionados no estándar da raza, e son excluíntes en por si, dependentes dun compoñente xenético que achega uns caracteres non contemplados, nin desexados, no prototipo racial. Neste sentido é importante excluír a presenza de animais con anomalías psíquicas e con defectos anatómicos ou de tipo, ligados a xenes indesexables, como poden ser as inestabilidades ou desequilibrios de carácter anormais, a agresividade extrema sen provocación ningunha, a epilepsia, a ausencia dalgún testículo nas bolsas escrotais (monorquidia e criptorquidia), a displasia de cadeira, a atrofia progresiva da retina, os pechamentos incorrectos das arcadas dentarias (enognatismos e prognatismos ), a ausencia de máis de dous premolares ou os albinismos. (+ INFORMACION)

Ficha técnica
Nome: raza Guicho ou Quisquelo.
Outras denominacións incorrectas: coelleiro.
Área de orixe: zona centro de Galicia.
Aptitudes: cazador especializado na caza do coello de monte de Galicia.
Feiras onde se pode ver: Silleda (Feira Internacional Semana Verde de Galicia), Luíntra (EXPOCAN) e a feira de Vilalonga (Sanxenxo).
Club da raza: Club de Raza do Can Guicho ou Quisquelo.

Historia e orixe da raza
De orixe indoeuropea, posiblemente sexa unha das razas máis antigas da Península Ibérica, traída probablemente polos pobos precélticos atlánticos e os celtas, xunto co resto das invasións nórdicas e xermánicas (suevos, bretóns/britanos, visigodos e normandos); debido ás súas grandes semellanzas e orixe común, probablemente estea emparentado co Västgötaspets sueco ou Can dos Visigodos, así como tamén cos Corgi Galeses, Cardigan e Pembroke.

Neste sentido, hai que sinalar que xa en tempos precélticos, na Idade de Bronce, os Oestrimnios mantiñan relacións marítimas comerciais con Irlanda, oeste de Inglaterra (Britannia), Bretaña (Armórica), Países Baixos e Dinamarca. Era a vella ruta megalítica; coa explotación do estaño dos montes e o ouro dos ríos, estableceuse un comercio no que se exportaba estaño, cobre, ouro, prata, peles e cerámica. Así, pezas da metalurxia galega (armas, obxectos utilitarios, xoiaría de ouro e bronce) foron atopadas en toda a costa atlántica. En relación con este tipo de cans, os celtas da zona do País de Gales e Cornualles (britanos) utilizábanos para a cacería e apreciaban moito os seus dotes de intelixencia e vixilancia, polo que o admitían nas súas casas e confiábanlle a custodia dos seus nenos.

Área de orixe e distribución
A súa orixe esténdese por toda a área noroccidental da Península Ibérica, en montañas de 600 m a 800 m sobre o nivel do mar, en zonas de monte con espesa vexetación arbustiva do tipo toxo, urce, carrasca, carpaza, codesos ou xesta, que conforman un monte baixo, moi pechado, quebrado e arborado. Actualmente, distribúese fundamentalmente por todas as zonas de coello de monte de Galicia, nas provincias de Pontevedra (Silleda, Lalín, Rodeiro, Dozón e Agolada, entre outros), Ourense (Oímbra, Verín ou A Mezquita), atopándose tamén de xeito esporádico algúns exemplares pola zona centro das provincias de Lugo e da Coruña. Os bos exemplares en pureza non abundan, sendo moi solicitados e requiridos polos cazadores, polo que, dadas as súas características como cazador e o solicitado que está, quen posúe un bo exemplar non adoita prodigarse en estender os seus descendentes, polo desexo de dispoñer dos mellores cans de caza da zona.

Función zootécnica
Can de caza, principalmente do coello. Dotado dunha gran coraxe polo que tamén persegue o raposo. Pode ser empregado tamén para a detección do xabaril.

Prototipo racial
1.- Características xerais
Aparencia xeral
Animal de tipo lupoide (Mégnin P., 1897), de perfil recto, de pequeno tamaño, duns 30-42 cm na cruz, mesomorfo, harmonioso nas súas proporcións, coas orellas guichas, de onde toma o nome (Guicho). As femias son lixeiramente máis miúdas e de proporcións máis lonxilíneas.

Temperamento e comportamento
Presentan un carácter inquedo e vivaz que, xunto coa súa rusticidade, combatividade, bravura, coraxe, axilidade, resistencia e tenacidade sobre o terreo galego (é un can totalmente adaptado aos toxos, silveiras e monte baixo) e a súa particular forma de furar as toxeiras, fano inmellorable na caza do coello de monte en Galicia, onde outras razas non son quen de traballar; pode ser empregado en ocasións para atopar e levantar da cama o raposo e, mesmo, o xabaril, sendo por iso enormemente valorado polos cazadores. Animal silencioso na procura da caza, no momento de atopar o rastro recente e fresco, moi próximo ao coello, avisa dunha forma sonora característica, xunto cos típicos movementos ostensibles e moi rápidos do rabo.

2.- Características rexionais
Cabeza
A cabeza é de tamaño medio e ben proporcionada co resto do corpo, na súa forma e aspecto lembra, en ocasións, ao raposo, cunha expresión vivaz e intelixente. Cranio ancho e plano entre as orellas. A depresión frontonasal é nítida pero moderadamente marcada, o fociño redúcese gradualmente ata o nariz, sendo algo máis curto có cranio. Nariz normal. Os beizos son normais, con tendencia a ser moi apertados e a mordedura é en tesoira. Os ollos son medianos, ovalados e de cor en relación coa capa. A característica máis salientable é que presentan as orellas totalmente erguidas (guichas), esta característica faise aínda máis evidente no momento da caza, que é a súa gran paixón; son de mediano tamaño, afiadas, ríxidas cara ás puntas, móbiles e recubertas de pelo moi fino. Por outra banda, de cando en vez , aparecen algúns exemplares coas orellas pouco guichas, o que non é desexable, así como tamén cuns defectos moi graves como son os prognatismos e enognatismos, os exoftalmos e os perfís cóncavos e convexos, que non son característicos deste tipo de cans e si doutras razas foráneas.

Pescozo
Presenta un pescozo de bo porte, musculoso, de tamaño medio e proporcionado coa cabeza e co corpo do animal.

Tronco
O tronco é compacto, harmónico. A liña dorso-lumbar non debe ser demasiado alongada, sendo recta e lixeiramente descendente, sen formar concavidade; co dorso recto e musculoso, cun lombo curto e forte. Cruz dos cadrís curta, forte, ancha e pouco caída. Tórax amplo, profundo, con costelas redondeadas, cun perímetro torácico que adoita exceder nun cuarto a alzada á cruz. Ventre non voluminoso, que se recolle levemente ata as virillas. O rabo normalmente lévao baixo ou horizontal, levantándoo cando está en acción pero sen enroscalo.

Extremidades
As extremidades deben ser rectas, fortes, ben verticais e dereitas, proporcionadas tanto en lonxitude como en grosor ao tronco e ao resto do animal, dando en conxunto a impresión de harmonía que caracteriza estes animais. O pequeno tamaño non vai en contra da harmonía nas súas formas e do conxunto xeral do animal. Cómpre subliñar que este animal non é en absoluto acondroplásico polo que, se o for, considérase un defecto moi grave, do que hai que fuxir, xa que, ademais de ser unha característica indesexable, é un síntoma de influencia de razas foráneas. Nas extremidades anteriores a escápula debe formar un ángulo de 45º respecto do plano horizontal e co brazo forma unha inclinación de 90º. Os cóbados están ben implantados e adheridos ás costelas, con liberdade de movementos. Patas o máis dereitas posible. Os pés son de tamaño pequeno, curtos e ovalados, con amofadas plantares robustas e ben redondeadas. Unllas curtas e duras. Nas extremidades posteriores a nádega forte e flexible. Pernil musculoso e lixeiramente máis longo cá distancia do xarrete ao chan. Os xarretes son dereitos e paralelos. Estrutura ósea forte. Os pés son de tamaño pequeno, curtos e ovalados, con amofadas plantares robustas e ben redondeadas. Unllas curtas e, en ocasións, algúns exemplares presentan esporóns, ou sexta unlla, nas extremidades posteriores.

Movemento
Soltos, activos e rápidos.

Manto
Capa (cor): no referente ás capas (cores), atópanse practicamente todas dende as areas, amarelas, canelas, chocolate ou fígado, normalmente cunha cor uniforme ou tamén bicolores e tricolores; nestes casos, amosan as outras cores nas extremidades, pescozo, fociño e/ou cara (fígado-canela, negro-canela, area-branco, negro – canela – branco), así como tamén exemplares alobados (pelos de cor amarela e, nas puntas, negros), atigrados escuros ou grises, con pelo de cobertoira escura no dorso, o pescozo e as costas, descendendo cara ás costelas; zonas de gris claro ou amarelas no fociño, gorxa, peito e pés. As particularidades brancas localízanse fundamentalmente nas extremidades e nos dedos, no peito, pescozo, cara, fociño e borlón do rabo. Segundo refiren os criadores, os que teñen a capa alobada ao nacer presentan inicialmente unha tonalidade violeta que cambia co crecemento.
Pelo: o pelo é denso, tupido e de lonxitude media, en ocasións atópanse animais cun pelo de cobertoira algo máis longo e con subpelo, sendo preferidos por algúns cazadores, por estaren mellor protexidos fronte ás xeadas da alba.

Tamaño e peso
Alzada á cruz: machos de 34-42 cm; femias de 30-38 cm.
Peso: machos 8-12 kg; femias 6-10 kg.

3.- Faltas
Calquera desviación dos criterios mencionados débese considerar unha falta, sendo a gravidade desta proporcional ao grao de desviación respecto do estándar.

4.- Defectos
Orixina a diminución máis ou menos acusada dalgunha función determinada do animal, que pode ser total, parcial ou rexional, dependendo do grao no que se vexa eivada a aptitude esencial do animal (coxeiras en extremidades, ablacións ou mutilacións en orellas e rabo, ausencia de pezas dentarias por extraccións e traumatismos en ollos con perda de visión, entre outros).

5.- Faltas ou defectos descualificables
Son aquelas características que non se axustan aos criterios mencionados no estándar da raza, e son excluíntes en por si; dependentes dun compoñente xenético que achega uns caracteres non contemplados, nin desexados, no prototipo racial. Neste sentido, é importante excluír a presenza de animais con anomalías psíquicas e con defectos anatómicos e/ou de tipo, ligados a xenes indesexables, como poden ser as inestabilidades ou desequilibrios de carácter anormais, con agresividades extremas sen provocación ningunha, a epilepsia, a ausencia dalgún testículo nas bolsas escrotais (monorquidia e criptorquidia), a displasia de cadeira, o ananismo acondroplásico, a atrofia progresiva da retina, os exemplares con prominencia excesiva do globo ocular (exoftalmia), os peches incorrectos das arcadas dentarias (prognatismos e enognatismos), a ausencia de máis de dous premolares e os albinismos, entre outros. (+ INFORMACION)

CARACTERISTICAS
“Como lo dice su nombre, es el perro muestra por excelencia. Sus líneas, similares a las de los antiguos efebos, combatientes y discóbolos, revelan al atleta ágil, todas sus partes denotan la máxima potencia unida a la máxima facilidad de movimientos. Galopador incansable, de ánimo impetuoso, dotado de un mecanismo olfativo propio y buscador veloz es el verdadero tipo mesomorfo, conformado con un andar continuo velocísimo y ligerísimo y provisto de músculos largos con una gran tonicidad muscular. Es el perro ideal para las grandes extensiones de llanura donde puede desarrollar sus galopes: en el bosque no puede desempeñar una acción impetuosa y, por tanto no resulta adecuado emplearlo en terrenos cubiertos. Las características de su modo de trabajar son la muestra al disparo y la indicación de arranque”. Continúa más adelante el profesor Solaro: ” Sus características de tipo son: cabeza con ejes longitudinales superiores cráneo-faciales convergentes; depresión naso frontal marcadísima; hocico cuadrado con trufa realzada, labio bien desarrollado con comisuras claramente visibles, orejas de nacimiento alto, planas, triangulares…”.

CRIA Y CUIDADOS
ALIMENTACION. Las necesidades alimenticias par este perro de muestra son diferentes según el tamaño, para los ejemplares más ligeros varían entre las 1.250 las 1.450 Kcal. diarias, mientras que para los más pesados, de 1.450 a las 1.700. Para los ejemplares en entrenamiento o ya sometidos a los prolongados esfuerzos físicos de la caza, la aportación en kilocalorías diaria debe triplicarse. La ración en este caso, prevé un aumento de lípidos en detrimento de los carbohidratos que son, a paridad de peso menos energéticos. Por otra parte, un exceso de grasas el la ración de ejemplares inactivos lleva inevitablemente a la obesidad, con todo lo que ello significa de negativo para el animal.

CUIDADOS DIARIOS. Si se quiere mantener sano al perro, resistente y equilibrado, el propietario debe atenerse a las normas de una buena y controlada alimentación para el ejemplar adulto, respetando sus necesidades.

ENFERMEDADES. En el Pointer, como en otras razas ha sido descrito el colapso momentáneo, es decir, un colapso imprevisto que se produce durante el esfuerzo físico. En cuanto a la causa, en una época se establecía como una carencia de glucosa en la sangre. Hoy se teoriza sobre la incapacidad por parte de los glóbulos rojos de transportar oxígeno. Los ejemplares que al nacer presentan los espolones en las extremidades posteriores deben ser sometidos, en los primeros días de vida, a la intervención para amputarlos.

ESTANDAR
AItura y peso. Machos, de 63 a 68 cm.; hembras, de 61 a65 cm. Peso, de 20 a 30 kg. Cabeza. Trufa y hendiduras palpebrales oscuras salvo en los perros blancos y blanco-limón. Hocico algo cóncavo. Fosas nasales anchas, suaves y húmedas. Cráneo de longitud media. Stop bien definido. Hueso occipital notablemente pronunciado.Ojos. A igual distancia del occipucio y de las fosas nasales, de color avellana o marrón según el color de la capa.Orejas. De nacimiento relativamente alto, pegadas a la cabeza, de mediana longitud, terminando casi en punta.Cuello. Enjuto, bien musculoso, arqueado.Extremidades anteriores. Rectas y sólidas, de buena osamenta y de sección ovalada, con tendones posteriores fuertes y visibles. Hombros largos, oblicuos, bien echados hacia atrás. Carpos un poco desviados hacia dentro. Metacarpos alargados, fuertes y elásticos.Cuerpo. Tórax bastante ancho. Esternón caído a la altura de los codos. Costillas convexas. Riñones fuertes, musculosos, ligeramente arqueados.Extremidades posteriores. Muslos y patas bien desarrollados y musculosos. Rodillas bien plegadas. Corvejones bajos.Pies. Ovalados, de fuerte estructura, con dedos arqueados.Cola. De mediana longitud. gruesa en la base, se va afinando gradualmente hacia la punta, Ilevada a nivel del cuerpo, sin tendencia a levantarse por encima de éste.Pelaje. Fino, corto, rígido, distribuido de manera uniforme. perfectamente liso y lustroso. Color: limón y blanco, unicolor o tricolor.

ORIGEN
Aunque se considera el padre de la raza a William Arkwright, que controló de manera muy precisa la cría, fijó sus características particulares y en 1902 escribió una completa y exhaustiva bibliografía de la raza, los orígenes del Pointer, según algunos, deben buscarse en los Bracos españoles, llevados a Inglaterra a comienzos del siglo XVIII por los soldados de aquel país, que volvían de la guerra de España. En esta raza se habría introducido, aproximadamente un siglo más tarde, sangre del Foxhound e incluso del Braco francés. Según otros, y entre ellos encontramos al propio Arkwright, el Pointer descendería del Braco italiano, progenitor de muchas otras razas de muestra. Otros, todavía afirman que el Pointer no es otra cosa que la evolución de una raza que, desde tiempos remotos, estaba afirmada en Inglaterra. En uno u otro caso, el resultado es realmente extraordinario, hasta el punto de que, en el siglo XIX, el Pointer había desplazado, en gran parte de Europa, a casi todas las diferentes razas de Braco típicas de las distintas regiones. Rápidamente, este perro se convirtió en objeto de estudio y muchos textos de zoognóstica y de anatomía canina lo citan como modelo. Con el pasar de los años, su notoriedad atravesó incluso los océanos y pronto se difundió en América y, sucesivamente, en Australia. Hoy está presente en todos los países, ya sea como auxiliar del cazador o, sobre todo, en las exposiciones caninas de belleza y en las grandes pruebas clásicas de caza. Sin embargo, su gran difusión ha estado acompañada por una progresiva decadencia del propio tipo en su país de origen, Inglaterra, y es posible afirmar que, en la actualidad, los mejores Pointer son los de los criaderos italianos, seguidos por los daneses, y que obtienen grandes éxitos, sobre todo en las carreras, donde se disputan importantes clásicos como la “Copa Europa”. También ha hecho una gran contribución al Pointer el conocido cinólogo italiano, profesor Solaro, que en 1953 publicó un libro dedicado a este perro, y que se ha convertido en un clásico para todos los cinófilos. De este trabajo del profesor Giuseppe Solaro transcribimos un trozo, que representa la síntesis de las características de este perro.

RESUMEN
El Pointer ha sido definido como el perro de caza por excelencia, en virtud de sus clásicas formas. Es el purasangre de los perros de muestra, velocísimo e incansable cazador, orgullo de los apasionados de las grandes búsquedas por sus grandes cualidades venatorias, que, sin embargo, sabe poner de manifiesto casi exclusivamente sobre terrenos llanos y limpios. Dotado de un finísimo olfato, sabe percibir el más leve olor de cualquier animal, incluso en climas cálidos y secos y, por su carácter particular, es fácilmente adiestrable.

CARACTERISTICAS
El Epagneul breton es un perro robusto, macizo y vigoroso, pero al mismo tiempo elegante , con buena proporción entre cabeza y tronco. Su expresión es atenta, vivaz e inteligente, se desplaza con galope no sucesivamente veloz, pero que sabe mantener durante mucho tiempo, demostrando una óptima resistencia.

CRIA Y CUIDADOS
ALIMENTACION. Las necesidades alimenticias en el ejemplar, adulto como ración de mantenimiento, están comprendidas entre las 960 y las 1.060 Kcal. Diarias. Para los ejemplares sometidos a un gran esfuerzo físico durante el período de caza, la aportación en kilocalorías diarias se triplica. Este incremento de energía se da con un aumento, en la dieta, de las proteínas sobre los hidratos de carbono. Los huevos pueden constituir una óptima fuente de proteínas nobles. Estos deben suministrarse cocidos para reducir la clara dura y la vitamina B8.

CUIDADOS DIARIOS. Es una buena norma realizar, una atenta inspección periódica de la capa, sobre todo en los lugares donde el pelo es más largo y en la base de las orejas, para descubrir eventuales parásitos.

ESTANDAR
Alzada a la cruz. De 46 a 52 cm.: ideal para los machos: de 40 a 51 cm.: ideal para las hembras: de 48 a 50 cm.Cabeza. Trufa blanca y marrón o blanca y negra, según el color de la capa, bien abierta y un poco angulosa. Caña nasal más corta que el cráneo (proporción de 2 a 3), recta o ligeramente convexa. Labios finos y bastante salientes: el labio superior sobrepasa en poco al inferior. Stop bastante sensible. Cráneo de mediana longitud, redondeado, con paredes laterales marcadas y notablemente redondeadas.Ojos. De color ámbar oscuro.Orejas. De nacimiento alto, relativamente cortas, ligeramente redondeadas, provistas de pelo ondulado.Cuello. De longitud media, sin trazas de papada. Extremidades anteriores. Hombros oblicuos y musculosos. Brazo huesudo y musculoso. Antebrazos muy rectos. Metacarpos ligeramente oblicuos, finos y musculosos. Flecos ondulados desde el codo al pie.Cuerpo. Tórax profundo, caído hasta los codos. Costillas bastante anchas y redondeadas. Dorso corto. Cruz bien marcada. Riñón corto, ancho y vigoroso. Grupa ligeramente inclinada. Ancas más bajas que la cruz. Flancos salientes, pero no de manera excesiva.Extremidades posteriores. Muslos anchos, muy caídos y musculosos. Corvejón en la misma vertical de la punta de las nalgas. Metatarsos no demasiado angulados, bien verticales.Pies. Dedos compactos, con un poco de pelo entre ellos.Cola. Corta (aproximadamente, 10 cm.), terminando con un mechón de pelos.Pelaje. Fino, relativamente liso, ligeramente ondulado. Color: blanco y anaranjado, blanco y marrón, blanco y negro, tricolor blanco, negro y uno de los colores mencionados.

ORIGEN
Aunque el primer club de Epagneul bretón se fundó en los primeros años del siglo actual y su estándar fijado en 1907 (con posterior redefinición por parte del gran especialista De Kermadec en 1938), los orígenes de este pequeño perro de muestra se remontan a épocas bastante remotas. Descendiente del perro del muestra del Medioevo, la raza actual es el fruto de cruzamientos con otras diferentes y pronto se difundió por la Bretaña (región de la cual toma su nombre) cruzándose también con el Springer Spaniel, bastante difundido en aquella región, porque fue llevado allí por algunos exiliados galeses. Este cruzamiento utilizado durante siglos por los cazadores locales, a comienzos del siglo XIX es mejorado con el agregado de sangre de Setter de las tres variedades.

RESUMEN
Se dice que es el perro de caza más difundido en el mundo y,por tanto también en Francia, su país de origen, donde es elmás numeroso entre todas las razas de muestra. La causa de tanta notoriedad debe buscarse en el tamaño relativamente reducido, en sus óptimas cualidades venatorias (olfato, velocidad, resistencia), en su carácter sensible y muy dulce y en su extrema versatilidad que lo lleva a cazar en los terrenos mas diversos, diferentes especies de animales, como faisanes, perdices, codornices, etc.