CONSELLERÍA DO MEDIO RURALDecreto 453/2009, do 30 de decembro, polo que se modifica o Decreto 202/1992, do 10 de xullo, polo que se modifica a estrutura da Xunta Consultiva de Caza da Reserva Nacional dos Ancares.

Mediante Lei 37/1966, do 31 de maio, de reservas nacionais, créase, entre outras, a Reserva Nacional de Caza dos Ancares (Lugo). A dita lei foi desenvolvida polo Decreto 2612/1974, do 9 de agosto, que no seu artigo 2 establece a constitución de xuntas consultivas en cada reserva de caza creada. Mediante o Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, traspásanse á comunidade autónoma as funcións e servizos do Estado en materia de conservación da natureza, correspondéndolle a esta comunidade a administración e xestión dasreservas nacionais de caza. Mediante o Decreto 202/1992, do 10 de xullo, modificouse a estrutura da Xunta Consultiva de Caza da Reserva Nacional dos Ancares para adaptar a súa composición á estrutura organizativa da Xunta de Galicia e foi modificada posteriormente polo Decreto 311/2001, do 17 de decembro.Pola súa banda, a Lei de caza de Galicia, Lei 4/1997, do 25 de xuño, prevé igualmente a declaración de reservas de caza e a constitución de xuntas consultivas destas reservas, e prevé especificamente que a reserva nacional de cazados Ancares, en canto aos terreos abranguidos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, quedará suxeita ásdisposicións da dita lei. Na actualidade, como consecuencia da nova estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 83/2009, do 21 de abril, cómpre, para unha maior eficacia e coordinación administrativa, proceder á modificación do artigo 5 do Decreto 202/1992, do 10 de xullo, polo que se modifica a estructura da Xunta Consultivade Caza da Reserva Nacional dos Ancares. Na súa virtude, por proposta do conselleiro do Medio Rural e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día trinta de decembro de dous mil nove, DISPOÑO:

Artigo único.-O artigo 5 do Decreto 202/1992, do 10 de xullo, polo que se modifica a estrutura da Xunta Consultivade Caza da Reserva Nacional dos Ancares, queda redactado da forma seguinte:«Artigo 5º1. A Xunta Consultiva de Caza da Reserva Nacional dos Ancares estará formada polos seguintes membros:a) O/a delegado/a territorial de Lugo ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente.b) O/a xefe/a do departamento territorial da consellería competente en materia de conservación da natureza, que actuará como vicepresidente.c) O/a xefe/a do servizo provincial competente en materia de conservación da natureza.d) O/a xefe/a do servizo provincial con competencias en materia de montes. e) O/a xefe/a do servizo provincial con atribucións en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais.f) O/a xefe/a do servizo provincial competente en materia de infraestruturas agrarias.g) Un/unha representante da consellería competente en materia de ordenación do territorio.h) A persoa titular da alcaldía do municipio con termo municipal incluído na reserva.i) Un/unha representante da Federación Galega de Caza.j) Un/unha representante das asociacións de cazadores do ámbito provincial de Lugo.k) Un/unha representante de organizacións relacionadas coa defensa e conservación da natureza con ámbito deactuación en Lugo, inscritas no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia.l) Un/unha representante das persoas propietarias particulares dos predios situados dentro da reserva.m) Un/unha representante dos montes veciñais en man común da reserva.n) Un/unha representante da Universidade de Santiago de Compostela dependente dun centro do CampusUniversitario de Lugo.ñ) Dous/dúas representantes designados pola consellería competente en materia de conservación da natureza, entrepersoas de recoñecido prestixio dentro do campo de ordenación de recursos naturais.o) Un/unha representante da Deputación Provincial de Lugo.p) O/a director/a da Reserva Nacional dos Ancares, que actuará como secretario con voz e voto.2. A designación dos membros non natos da XCRNA farase procurando que o órgano acade unha composición paritaria».

Disposición adicional Única.
-As referencias contidas no Decreto 202/1992, do 10 de xullo, en canto á Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes, deberán entenderse referidas á consellería competente en materia de conservación da natureza.

Disposición derrogatoria
Queda derrogado o disposto no Decreto 311/2001, do 17 de decembro, polo que se modifica o Decreto 202/1992, do10 de xullo.

Disposición derradeira
Primeira. -Facúltase o conselleiro do Medio Rural para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.Santiago de Compostela, trinta de decembro de dous mil nove.
Alberto Núñez Feijóo

FONTE: Diario Oficial de Galicia nº 14, do 22 de Xaneiro de 2010