O Decreto 453/2009, do 30 de decembro, polo que se modifica o Decreto 202/1992, do 10 de xullo, dispón no seu artigo único a nova redacción do artigo 5 do citado decreto, que no seu punto 1º establece a nova composición da Xunta Consultiva de Caza da Reserva Nacional dos Ancares. Unha vez feitos os trámites oportunos por parte dos colectivos responsables da elección dos seus representantes, cómpre o seu nomeamento, polo que, no uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e da súa Presidencia, modificada polas leis 11/1988, do 20 de outubro, e 7/2002, do 27 de decembro, e de conformidade co disposto no Decreto 318/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, en relación co Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, DISPOÑO:
Artigo único.-Nomeamento dos membros non natos da Xunta Consultiva de Caza da Reserva Nacional dos Ancares. Noméanse membros non natos da Xunta Consultiva de Caza da Reserva Nacional dos Ancares as seguintes persoas: -Carlos Vila Pérez, representante da consellería competente en materia de ordenación do territorio. -Francisco López Penela, representante da Federación Galega de Caza. -José Luis Valcárcel Yáñez, representante das asociacións de cazadores do ámbito provincial de Lugo. -Augusto Manuel de Castro Lorenzo, representante das organizacións relacionadas coa defensa e conservación da natureza do ámbito provincial de Lugo. -Marcos Rodríguez Santín, representante dos propietarios particulares dos predios situados dentro da reserva. -Manuel Antonio Gómez Gómez, representante dos propietarios dos montes veciñais en man común incluídos na reserva. -Luis Eusebio Fidalgo Álvarez, representante da Universidade de Santiago de Compostela. -Manuel Martínez Núñez, representante da Deputación Provincial de Lugo. -José Luis García Bello, representante designado pola Consellería do Medio Rural. -Enrique Valero Gutiérrez del Olmo, representante designado pola Consellería do Medio Rural.
Disposición derradeira
Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2010. Samuel Jesús Juárez Casado. Conselleiro do Medio Rural
FONTE: DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 87 Luns, 10 de maio de 2010
Anuncios